Estamos de noraboa. O noso porteiro do Benxamín A Iker Dacosta, recibiu o premio ao mellor porteiro do torneo Benxamín desputado en Maceda esta fin de semana. Un trofeo que nos fai tanta ilusión coma o propio Iker.
Iker non só en Maceda, senón ó longo de toda a tempada realizou un gran traballo baixo os paos do equipo Benxamín. Dirixiu e animou ó equipo, ordeou a súa defensa dende atrás, atallou coas suas luvas gran parte dos balóns que chegaban a súa portería e a parte do seu bo facer, tivo un comportamento escepcional, polo que todos nos sentimos orgullosos deste pequeno pero gran recoñecemento que tivo en Maceda.
Parabens Iker!! a seguir mellorando e desfrutando!!