Información da acción solidaria

con No hay comentarios

Damos a coñecer a colaboración que a Uniòn Deportiva Ourense promoveu co «San Martiño Solidario» esta pasada xornada, dando lugar ás seguintes axudas que conseguimos ofrecer:

Recadación das rifas no partido contra a SD Nogueira: 574€ en total.

O club decidiu incrementar a aportación anunciada do 50% da recadación nas rifas e ingresará como doazón 400 do 574 € recadados, 200 € en cada unha das contas habilitadas polos Concellos de Melón e Carballeda de Avia, con motivo dos danos sufridos polos incendios.

Agradecer especialmente á xente que tamén colaborou coa aportación de roupa, mantas, etc para as familias que quedaron sen os seus fogares. O club tamén fixo a súa aportación neste sentido.

Entrega de roupa á Traballadora Social de Carballeda de Avia

 

OPERACIÓN QUILO

Sumándonos á tradicional campaña «Operación Quilo» levada a cabo pola Asociación Xuvenil Amencer, poidemos aportar gran cantidade de alimentos non perecedeiros, grazas á colaboración do bo público asistente durante a xornada pasada no Estadio do Couto.

O club puxo a proba ó seu adestrador do primeiro equipo Fernando Currás, para colaborar cos seus 92 kg, que redondearíamos a 100kg, para sumar o noso grao de area nesta éxitosa e nova edición chea de solidariedade.

Gracias a todas aquelas persoas que dun xeito ou de outro, quixeron axudar. Colaborar vale a pena! #OurenseImporta