Ismael Quevedo Rieiro (Ourense, 1995), seguirá unha tempada máis no club ourensanista do que lle gustan os valores e o modelo. O xogador agarda unha tempada ilusionante na que pide á afección que siga sendo igual de incondicional.
- Que esperas da tempada?
Espero que sexa unha tempada ilusionante e cumprir os obxetivos propostos xa que todos estamos con moitas ganas de que empece a competición despois de este longo parón.
- Por qué decidiches renovar?
Decidín renovar porque me gustan os valores e o modelo de club que representamos para a cidade.
- Que lle dirías á afección?
Á afección diríalle que se siga mostrando tan incondicional como ata agora, xa que é unha das bases e dos alicerces do club ademais de algo que nos caracteriza e diferencia dos demais clubs da competición.