Jony e Codeso novos reforzos

con No hay comentarios

Tras a renovación de Rubén Durán e as fichaxes de Pato e Alfredo, onte foron presentado no Couto dous novos xogadores para o plantel que xogará na Preferente Autonómica. Trátase de Codeso e Jony.

José Miguel Rodríguez Codeso, nado en Celanova hai 28 anos, xoga de lateral esquerdo ou defensa central e procede do Sporting Celanova, onde chegou a xogar en Preferente Autonómica. Tamén xogou no Bande na tempada anterior.

Pola súa banda Jonatan Magisano González, nado en Carballeda de Avia hai 23 anos, é un xogador de ataque moi polivalente que chega dende o Ribeiro. A tempada pasada foi o máximo goleador do equipo con 15 goles, Jony saliu da canteira do Ribeiro e tamén pasou por Lodairo e Barbadás.

Son dous xogadores que chegan dende a Primeira Autonómica e que chamaron a atención dos nosos técnicos cando se enfrontaron ao noso equipo. O noso club aposta polos xogadores da terra, que seguro que con oportunidades como a que se lle brinda a Codeso e Jony demostraran que son tan válidos como os xogadores chegados de fóra. Esa é a nosa aposta.

Foto: Yedra Seara