Josu únese ao proxecto e Omar continúa

con No hay comentarios

Seguen a producirse novidades no cadro de xogadores da Unión Deportiva Ourense. Desta vez hai que salientar a fichaxe de Josu. O que fora capitán de C.D.Ourense na tempada da súa desapareción regresa a súa casa dende a 2ª B para intentar levar aos ourensanistas á 3ª División.

Josu, 32 anos, chega procedente do Coruxo onde xogou 25 partidos esta tempada. Ás súas virtudes futbolísticas, que aquí coñecemos de primeira man, hai que engadir a parte sentimental do regreso dun xogador que militou 20 tempadas en Club Deportivo Ourense, incluíndo toda a súa etapa nas categorías inferiores. Unha vez consumado o descenso administrativo na tempada 2013-14, antesala da desapareción do club, puxo rumbo a Compostela para xogar dúas tempadas en 2ª B cos compostelanistas e na última tempada defendeu as cores do Coruxo, tamén en 2ª B. Unha fichaxe que será moi ben recibida pola afección ourensanista.

Pola súa banda Omar renovou unha tempada máis o seu compromiso co Ourense. O centrocampista de 23 anos mostrará a gran calidade que atesoura nas súas botas nunha categoría que xa coñece polo seu paso polo Ourense B, Nogueira e Lalín. A tempada pasada tan só puido disputar 20 partidos, anotou 2 goles, debido as dúas graves lesións que sufriu. Agardemos que esta tempada o respecten.

Foto: Yedra Seara