Luís González, última fichaxe para o centro do campo

con No hay comentarios

Para completar o cadro de xogadores chega Luís González, 26 anos. Un vello coñecido da afección ourensanista xa que militou no Ourense B, disputando algún partido co primeiro equipo.

Na tempada 2011-12 recalou no Barbadás, daquela en Preferente. Conseguiron o ascenso a 3ª División e o xogador de Cambeo mantívose nos Carrís ata esta tempada, sendo unha peza clave no centro do campo dos azuis durante seis tempadas.

Esta tempada xogou 30 partidos, 24 como titular, anotando 4 goles.

Luís González e o cuarto xogador que chega procedente do Barbadás, engadíndose a Alfredo, Germán e Oli.

Foto: Yedra Seara