Mais novidades no equipo Feminino

con No hay comentarios

Continúan as novidades de cara a vindeira campaña do equipo feminino e no día de onte foron presentadas 3 renovacións e unha nova incorporación.

Lucía, xogadora de 13 anos procedente do Velle infantil, chega a nosa entidade na que continúan as dianteiras Laura e Zaira e a defensa Andrea, que vivirán a súa segunda tempada no club.

 

As renovacións:

Andrea A pesares da súa xuventude e dos problemas físicos que tivo que soportar ó longo da tempada, amosou a súa capacidade de superación e esforzo, chegando a desfrutar un bo número de minutos. Seguindo a súa dinámica, ésta nova tempada poderá aportar moito á defensa do equipo e seguro que poderá desfrutar de moitos mais minutos, polo que desexamos a mellor das sortes para Andrea.

Laura – Sendo a súa primeira tempada no club, foi unha das xogadoras mais determinantes do equipo e unha das pezas fundamentais para o noso ataque, dado o seu rexistro goleador. Unha renovación moi importante, desexando o mellor para Laura unha tempada mais.

Zaira – Chegando a metade da tempada procedente do Barbadás, involucrouse moi ben ao equipo e á categoría. Aproveitou moi ben os minutos xogados, nos que se poideron apreciar as súas boas cualidades futbolísticas e a súa aportación ó ataque do equipo. Esta tempada poderá explotar a calidade que leva dentro, polo que agardamos a mellor das sortes para a nosa xoven Zaira.