Máis vermellos que nunca

con No hay comentarios

Presentadas as equipacións de cara a nova a tempada en Preferente Autonómica. O vermello lucirá na nosa primeira camisola en honra ó noso amado CD Ourense.

A tempada achégase e a UD Ourense presentou as que serán as súas novas equipacións de cara esta nova campaña, na que o equipo militará na Preferente Sur e sairá da provincia para desputar gran parte dos seus encontros.

Unha das principais novidades chegará na primeira equipación do clube. A camisola pasará a ser vermella completamente, con detalles azuis no cuello e nas mangas. Un guiño claro as nosas cores históricas e para amosar que o ourensanismo segue máis latente que nunca. O pantalón seguirá sendo azul, onde se incorpora o escudo do clube e as medias lucirán tamén de vermello.

A segunda equipación tamén sufrirá un remodelado pasando a ser completamente branca tanto camisola como pantalón, mentras que as medias neste caso serán de cor celeste. A terceira equipación será de cor negra completamente, con detalles vermellos nos laterais da camisola, mangas e cuello.

Os porteiros lucirán de amárelo fosforito completamente, equipación moi similar a do ano pasado. CO. SA. GA. será un ano máis o patrocinador oficial do clube e lucirá en todas as equipacións do primeiro equipo. Deste xeito, o centro médico amosa o seu compromiso coa UD Ourense e co ourensanismo.