O canteirán celeste, Marcos Alonso, convertese na segunda fichaxe da UD Ourense de cara a próxima tempada. Trátase dun dianteiro centro que chega procedente do RC Celta de Vigo, onde desputou a última tempada co conxunto da División de Honra. Con 18 anos, incorporación con vistas ao futuro.
Trala presentación de Rubén Arce, no día de onte, chégalle o turno a unha nova incorporación, que recala en Ourense procedente do RC Celta de Vigo. Trátase do dianteiro xuvenil, Marcos Alonso Rodríguez «Marquitos» (Porriño, 29/6/1999), que desputou a pasada tempada co conxunto da División de Honra. Xogador de perfil ofensivo, con ficha sub.23 e que ven de rematar a súa formación de base na canteira dun clube de Primeira División.
Marcos desputou 18 encontros co primeiro equipo xuvenil, nos que anotou 6 tantos. Trátase dun xogador cun gran manexo de pés e potente disparo, ademáis de ter un perfil moi loitador. A tempada anterior, foi peza fundamental no Celta «B», conxunto que se alzaría co título do seu grupo na Liga Nacional e no que o dianteiro anotou 16 tantos. É un dos futbolistas destacados dunha prolífica xeración de xogadores.
A punto de cumprir os 19 anos, recala en Ourense para desfrutar da súa primeira experiencia sénior e axudar o equipo na faceta ofensiva. Unha incorporación con vistas o futuro, dada a idade do xoador e que ademáis cumprirá co cupo de sub.23. Convertese na primeira fichaxe da historia do clube dun xogador de fóra de Ourense. Pode actuar tamén en banda e por detrás do punta, adaptándose millor a posicións polo centro.
O clube segue traballando no mercado e nos próximos días dará a coñecer máis novas relacionadas ca próxima tempada.
¡Benvido ao Ourense!
Deixámosvos a rolda de prensa de presentación