A UD Ourense visita Mondariz coa mirada posta en sumar un novo triunfo a domicilio. Os vermellos buscan recuperar o sorriso tralo empate na casa fronte o Moaña. Aitor e Hugo García baixas pos lesión.
Nova saída a que afronta esta tarde o equipo que adestra Fernando Currás. O Ourense viaxa ata Mondariz para medirse a un equipo que chega cunha racha de tres partidos consecutivos sen coñecer a vitoria. Os hoxe locais son un seguro de vida no seu campo, onde tan só cederon unha derrota fronte o AlertaNavia. Atios e Campo Lameiro foron os outros dous conxuntos que lograron rascar un empate, en ambos casos sen goles.
O conxunto vermello chega a cita tralo pequeño pau que supuxo o empate fronte o Moaña. Un pequeño bache no camiño, pero que os vermellos queren solventar sen maiores consecuencias, nunha cita importante para acabar o ano en postos de ascenso, algo que calqueira ourensanista firmaría a principio de tempada. Ademáis, os vermellos queren prolongar o seu bo momento, tras 5 xornadas consecutivas invictos, despois do tropezó ante o Pontellas.
Currás fará algúns cambios no seu XI, tendo en conta que esta semana o equipo disputa partido intersemanal, correspondente a Copa Deputación. Oli podería regresar o lateral esquerdo, aínda que todo apunta a que será Codeso o que ocupe esa posición. Esto permitirá a Alfredo adiantarse para xogar de extremo. No centro da zaga, Corzo e Germán perfílanse como eixe defensivo, deixando o lateral dereito para Josu. A dubida estará en ataque, onde o técnico ten dúbidas sobre quen será o 9 titular. Jony e Adrián pugnan por unha praza e Unai podería voltar ser da partida no posto de extremo.
O rival, chega a este a partido na metade da táboa con 21 puntos a favor, 6 vitorias, 3 empates e 3 derrotas. A elo, súmanse os 21 goles anotados e 23 recibidos. Un conxunto que encaixa máis do que recibe, pero que non é un dos máis goleados da categoría. O perigo dos locais chega na contra e a balón parado, xa que contan con extremos rápidos para as transicións de defensa-ataque e con puntuais que van moi ben por arriba.
O encontró está previsto para as 16:30 horas e agárdase unha boa entrada por parte da afección ourensanista, debido, principalmente, a cercanía e facilidade de chegada a Mondariz. Un punto a favor será o terreo de xogo, de dimensións aceptables e boa calidade, algo que beneficia o xogo vermello de toque, posesión e ataques directos.