Na busca dunha remontada histórica

con No hay comentarios

O 0-2 encaixado na ida dos cuartos de final da Copa Deputación obriga a Unión Deportiva Ourense a facer unha remontada histórica ante o Bande.

Empresa dificilísima pola calidade do rival, que ven de gañarnos por 1-3 no Couto o domingo pasado, e polas moitas baixas coas que acudimos ao Outeiro, tendo que levar tres xogadores do equipo xuvenil para completar a convocatoria.

Aos mancados Adrián, Xurxo e Fran Martinez, engádense os sancionados Unai e Rubén Durán e Samuel por motivos persoais. Deste xeito tan só están dispoñibles 13 xogadores do primeiro equipo. Completan a convocatoria os xuvenís Diego Pousa (habitual xa nas mesmas), o porteiro Martín e o medio centro Manuel.

O once que salte ao campo, senón hai novidades de última hora, será o formado por Lucas Sierra na porta; Otero, Julio Martínez, Tito Currás e Senén na defensa; Aitor e Toni no medio do campo; Xaco e Cristian nas bandas; Omar na media punta e Hugo como home máis adiantado. No banco estarán Marcos Sotelo e Sergio xunto cos tres xuvenís citados.

A pesares de todos estos contratempos o equipo sairá a por todas, buscando darlle unha alegría a nosa afección despois da derrota do domingo pasado.