Esto foi unha inocentada. Feliz 2018!
O Cidade das Burgas e a UD Ourense pasarán a ser unha soa entidade na tempada 2017-2018, denominada Ourense Cidade de Fútbol, grazas ao convenio asinado polos seus respectivos presidentes, Camilo Saeta e Modesto García, onte nas oficinas do Paco Paz. A nova entidade xurdida da fusión de dous referentes do fútbol e fútbol sala, busca acadar unha maior representatividade para a cidade e provincia de Ourense.
Camilo Saeta valoraba deste xeito a firma do convenio: “Calquera que vaia a un partido noso ou da UD Ourense, pode ver ás afeccións de ambos equipos sempre compartindo espazo e apoiando a os dous equipos sin distinción, e non só hai que falar de afección, si non que, desde sempre xogadores e xogadoras, tanto da UD Ourense coma do Cidade teñen unha gran complicidade. Esta sinatura non é máis que a rúbrica dunha realidade”.
Pola súa banda, Modesto García comentaba: “Cremos que a integración das dúas entidades é moi positiva para os dous clubes. Todas as conversas que tivemos foron positivas, non foi nada complicado chegar a este acordo. Estamos moi satisfeitos porque era o sentir do ourensanismo”.
A pesar de que ambos clubes pasaran a formar parte dunha única estrutura, cada sección manterá a súa autonomía e estruturas de responsabilidade. Por parte da UD Ourense, o convenio debe ser ratificado pola Asemblea Xeral de Socios que se celebrará o vindeiro 29 de febreiro. Unha vez ratificado o convenio, deberá pasar a ser refrendado polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Así, os dous equipos, sairán na tempada 2018-2019 a xogar do seguinte xeito: Primeira equipación (Camisola vermella, pantalón azul, medias vermellas) e segunda equipación (camisola verde e branca, pantalón verde, medias verdes e brancas). O escudo da nova entidade sairá do resultado dun concurso público. Debido a estas modificacións, os dous clubes acordaron que aquelas persoas que xa adquirisen produtos oficiais nesta tempada poderán solicitar o cambio polos produtos equivalentes da nova entidade presentando un certificado de empadroamento.
Nace unha nova era no deporte ourensán, nace o Ourense Cidade de Fútbol.