Nicolás Rodríguez Sousa (Ponteareas, 2001) chega á UD Ourense como reforzo de última hora para a liña defensiva. Formouse na canteira do Celta e a tempada pasada xogou no Areas. Pode ocupar as demarcacións de central ou lateral dereito e chega coa de acadar continuidade no posto que o adestrador considere que pode ser de maior utilidade.
- Que esperas da tempada?
Agardo acabar tendo algo de continuidade e contribuir co equipo desde a posición que o corpo técnico me pida.
- Por qué decidiches fichar pola UD Ourense?
Porque creo que a UD Ourense é unha gran aposta pola xente xoven e paréceme un bo proxecto.
- Que lle dirías á afección?
Que loitaremos por todo mentres sexa posible.