Celebrada a Asamblea Xeral Extraordinaria do 12 de Febreiro de 2019, que tiña como punto da orde do día a elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense, e tras facer constar que non houbo candidaturas no prazo fixado, a Xunta Electoral decidiu:
Abrir nova convocatoria de eleccións á Xunta Directiva, segundo se recolle no regulamento electoral do clube.
Dar de prazo ata o día 27 de Febreiro de 2019 ás 23:59 horas para a presentación de candidaturas segundo o modelo adxunto.
Convocar Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 7 de Marzo de 2019 ás 20 horas en primeira convocatoria ou ás 20:30 en segunda convocatoria no Salón de Actos da Casa de Chocolate, tendo como único punto da orde do día a elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense.
Establecer como vía de comunicación para a presentación de candidaturas, resolución de dúbidas, recursos ao censo ou das candidaturas e comunicación oficial a dirección de correo electrónico eleccionsudourense2019@gmail.com, sendo ésta a única vía de comunicación válida.
Documentación das Eleccións |