Segue a xeira de triunfos das nosas rapazas. Co 3-1 acadado ante o Umia son xa sete consecutivos. As ourensanistas brindaron un bo partido ao público congregado no «Monte da Aira». Superaron con claridade ás visitantes e incluso puideron conquerir unha vitoria máis abultada.
O fútbol combinativo das ourensanistas obtivo premio aos 17 minutos. Gran xogada de todo o equipo con asistencia de Laura a Hele para que envie ao fondo da portería despois dun caneo á porteira visitante. Tardou pouco en chegar o segundo gol. No minuto 24 novamente Hele supera á porteira do Umia cun tiro dendo o lateral da área que entra por toda a escadra. Golazo.
As ocasións seguíanse a suceder na área do Umia converténdose a súa porteira Patricia na heroína do seu equipo con varias paradas de gran mérito. Así se chegou ao tempo de lecer.
Na reanudación as visitantes saen decididas a recurtar distancias e Alba logra o 2-1 no minuto 49. Reacción instantánea das ourensanistas que volven ampliar a vantaxa no minuto 53 por mediación de Cris.
Ata o final do partido seguíronse producindo achegamentos con perigo á porta visitante, pero xa non se moveu máis o marcador.
Un triunfo que nos manten na loita polo ascenso. Agora estamos a nove puntos do novo líder, o Victoria de Santiago, despois de que o Valladares descansara esta xornada.
Alineación: Noe; Lola (Aida, 68´), Pacy, Lo, María; Dana, Moni; Laura (Cae, 87´), Hele, Jani (Ches, 84´) e Cris (Zaira, 79´).
Foto: Yedra Seara