O Grove 0-0 UD Ourense: Táboas en Monte da Vila

con No hay comentarios

Empate sen goles en O Grove, que deixa os locais prácticamente fora da loita polo ascenso e os vermellos a un so punto do Moaña, equipo que ocupa postos de ascenso. Os locais foron superiores na segunda metade, namentras que os vermellos puideron abrir o marcador na primeira e en varios arreones no segundo acto. O final, resultado gafas.

Unha vitoria colocaba na segunda praza ao equipo de Fernando Currás. Un partido onde o Grove gañando volvíase a meter pola pelexa do ascenso. Os visitantes saíron moi enchufados. Hugo avisaría no os dous minutos de xogo, nunha internada pola dereita, pero o seu disparo iríase alto. Pouco despois, o propio Hugo, disparaba desde fóra da área, pero o cancerbeiro local detiña o coiro.

O Ourense entraba rápidamente no encontro despois dun breve letargo nalgunha xogada, pero as ocasións máis claras eran dos vermellos, que obtiñan pouca réplica nestes primeiros compases de xogo. Alfredo disporía da ocasión máis clara do primeiro acto cun mao a mao diante do cancerbeiro local, ante o que picou o coiro, que se acabou estrelando no pau da meta local, para desesperación da parroquia vermella.

Na segunda metade, O Grove botouse cara a diante e comezou a meter en apuros os de Fernando Currás. A primeira aproximación do Ourense sería no 57, de novo Alfredo, desde fóra da área probaba fortuna, pero o coiro era detido polo cancerbeiro. O vento non deixaba facer o xogo combinativo e tampouco axudaba a condición do terreo de xogo, anegado de auga polas intensas choivas. A primeira chegada con claridade do Grove, sería no 64´, por mediación do seu dianteiro Dieguito, que se plantou ante Pato e salvaría en dúas ocasións a meta uruguaio.

As dúas ocasións mais claras dos de Fernando, sería no 71´, un disparo de Fran que detivo o porteiro e de Duran de cabeza no 79´, que salvaría Josepa, desviando a saque de esquina. Sen goles terminaría o encontro, onde con este punto existe triplo empate na 3, 4 e 5 praza. A só un punto do segundo que é o Moaña. O Ourense queda terceiro empatado con Porriño e Bande, este último, rival o próximo sábado en O Couto.