A UD Ourense asina un acordo de patrocinio coa empresa ourensá OcioSaugal, que se converte en novo patrocinador da base do clube.
A UD Ourense e OcioSaugal presentaron nas instalacións do Colexio Miraflores un acordo de patrocinio polo que esta empresa ourensá adicada a actividades de ocio, culturais e deportivas convírtese en novo patrocinador da base do clube sumándose deste xeito a Garza, Aceites Abril e Tar como empresas potenciadoras do deporte entre os máis cativos.
OcioSaugal conta nestes momentos coa presenza de varios xogadores e xogadoras da UD Ourense como monitores. É o caso de Pablo Corzo, Hele ou Moni, que forman parte deste grupo de traballo que busca a través da actividade física, unha mellora nos hábitos dos nosos clientes, ofertando actividades para nenos e nenas, adultos e maiores.
Deixámosvos o vídeo da presentación de dito acordo:
Expresamos o noso agradecemento a Sara e Quique por contar con este proxecto e desexamos un frutífero porvir desta gran colaboración. Benvidos amigos!
Preme sobre a ligazón para coñecer un pouco máis sobre OcioSaugal