Oli e Julio Martínez apuntalan a defensa

con No hay comentarios

Coa fichaxe de Oli e a renovación de Julio Martínez a defensa ourensanista ten dous novos puntais de sobrada calidade.

Alejandro Oliveira Mares é un vello coñecido da afección ourensanista. Saído da canteira de C.D.Ourense debutou co primeiro equipo no derradeiro partido da tempada 2006-07 en 2ª B en Vallecas. Despois xa se afianzou no lateral esquerdo xogando cos vermellos ata a tempada 2009-10.

Despois pasou ás filas do Barbadás en Preferente, acadando o ascenso a 3ª División e manténdose co equipo azul ata esta tempada, onde disputou 23 partidos. Con 29 anos recala na U.D.Ourense coa ilusión de loitar polo ascenso a 3ª División.

Pola súa banda Julio Martínez segue unha tempada máis connosco. Chegou en 2ª Autonómica procedente do Pabellón xuvenil de División de Honra. O seu rendemento vai a máis cada tempada e gañouse unha renovación que lle permitirá xogar na Preferente Autonómica, e con gañas de seguir crecendo como futbolista nas filas ourensanistas. Esta tempada xogou 32 partidos e anotou 6 goles.

A pesares de estudar en Santiago vai facer o esforzo de vir adestrar a Ourense para cumplir a súa ilusión de seguir xogando no equipo da súa cidade.

Foto: Yedra Seara