O Ourense feminino clasifícase para os cuartos de final da Copa tras gañar ao Sárdoma B (0-3)

con No hay comentarios

Gran triunfo da Unión Deportiva Ourense en Vigo. Superou con total claridade ao Sárdoma B na eliminatoria previa da Copa de 1ª División de Galicia por 0-3. Unha eliminatoria a partido único que unha vez superada nos pon no camiño ao Portonovo nos cuartos de final. O partido de ida disputarase o vindeiro domingo dende ás 18,00 horas en Velle.

As nosas rapazas, sabedoras do potencial do Sárdoma B na súa casa, sairon a por todas dende o pitido inicial. As ocasións non tardaron en chegar e aos 7 minutos Hele rematou a gol un balón que se lle escapou a porteira local tras unha falta botada por Cris. A finalista a mellor xogadora da tempada 2016-17 de 1ª Autonómica non perdoou.

Despois do gol as locais fóronse arriba e crearon algo de perigo que Noe se encargou de conxurar. A pesares da reacción local as ourensanistas seguiron a buscar o segundo gol e gozaron de varias ocasións que non foron quen de concretar. Co 0-1 chegouse ao tempo de lecer.

A segunda metade comezou como a primeira. Gran presión ourensanista que obtivo o seu froito no minuto 57. Novamente Hele superou a porteira local conseguindo un gol que lle deu moita tranquilidade ao equipo.

O Sárdoma B buscou con insistencia un gol que as metera no partido pero atoparonse cunha inspirada Noe que solventou con nota o seu traballo. E no derradeiro minuto de partido Laura fixo o 0-3 de gran disparo.

Gran vitoria das ourensanistas que fixeron un enorme esforzo que se viu recompensado coa clasificación para os cuartos de final. Agora a polo Portonovo.

Alineación: Noe; María, Pacy, Lo, Jani; Dana, Moni; Laura, Hele (Feijoo, 76´), Aida (Aldara, 84´) e Cris.