Ourense traspasa fronteiras

con No hay comentarios

Presentamos un ambicioso e atractivo proxecto que pretende contribuir á internacionalización da marca Ourense mediante a participación de dous equipos nas ligas escolares de Shanghai.

A través dunha colaboración levada a cabo entre a U.D.Ourense e o colexio «Jinshajiang Road Primary School» de Shanghai, participaremos en duas competicións da liga escolar dunha das maiores cidades do mundo. Será un equipo prebenxamín e outro benxamín o que levará o nome, as cores e os patrocinios do noso clube por tódolos campos nos que disputen os seus encontros.

Con esta ilusionante iniciativa pretendemos, non só ampliar a nosa promoción do deporte mesmo fora das nosas fronteiras, senon tamén e sobre todo levar as nosas cores, as marcas dos nosos patrocinadores e o nome da nosa provincia á cidade máis poboada e principal centro comercial e financeiro do xigante chino.

Presentamos aos verdadeiros protagonistas e responsables deste proxecto:

Cote Iglesias e Dexter Lee son os entrenadores e formadores destes pequenos, e aos que transmitimos o noso mais sincero agradecemento, por encamiñar esta iniciativa. Tamén ao persoal do propio colexio, en especial o seu director, e así ás nais e pais que con gran aceptación recibiron as nosas equipaxes.

 

Seguiremos de preto o avance da competición da U.D.Ourense en China, e tamén informando sobre o porvir deste gran proxecto.