Seguimos a completar o equipo que xogará a vindeira tempada en Preferente Autonómica. Onte presentouse a fichaxe do defensa central Pablo Corzo e a renovación do dianteiro Unai.
Pablo Álvarez Rodríguez, Pablo Corzo, nado en Nogueira de Ramuín hai 26 anos, volta ao Couto despois de que a desaparición de C.D.Ourense truncase a súa traxectoria en 2ª B. Na fatídica tempada 2013-14 chegou a xogar 7 partidos na categoría de bronce do fútbol español despois de destacar no filial en Preferente Autonómica. Antes de recalar nas filas vermellas xogaba no Nogueira en Primeira Autonómica.
A desapareción do Ourense levouno a terras de Valdeorras. Fichou polo Barco en conseguiu o ascenso a 3ª División, onde se mantivo as dúas últimas tempadas. Na derradeira xogou un total de 27 partidos, 24 como titular. Sen dúbida que se trata dun extraordinario fichaxe, xa que é un xogador de categoría superior. A súa ilusión por xogar no Ourense puido máis que as ofertas que tivo de categoría superior.
Pola súa banda Unai, 28 anos, seguirá unha tempada máis como ourensanista. Despois de chegar en 2ª Autonómica quere seguir facendo historia coa camiseta ourensanista e lograr o seu quinto ascenso consecutivo, tras os dous conseguidos co Verín (de Primeira Autonómica a 3ª División) e os dous coa U.D.Ourense (de 2ª Autonómica a Preferente Autonómica). A tempada pasada Unai xogou 25 partidos e anotou 7 goles.
Foto: Yedra Seara