Pato e Alfredo primeiras fichaxes

con No hay comentarios

Xa chegan as primeiras fichaxes a Unión Deportiva Ourense. Despois da renovación de Rubén Durán agora comprométense co club o porteiro Pato Guillén e o extremo esquerdo Alfredo.

Pato Guillén, 32 anos, é un vello coñecido dos seareiros ourensanistas. Militou no equipo vermello durante tres tempadas, do 2011 ao 2014, conseguindo o ascenso a 2ª B e sendo testemuña do triste final do club ourensanista.

Despois da desaparición do Ourense militou no Barakaldo, Compostela e Boiro, os tres equipos de 2ª B. Na última tempada foi titular indiscutible no Boiro, disputando 35 partidos, só faltando en tres ocasións debido a unha lesión.

Ídolo da afeccion ourensanista volta a súa casa coa misión e a ilusión de devolver ao equipo a 3ª División. Todo un luxo de porteiro.

Pola súa banda Alfredo chega dende o Barbadás. Extremo esquerdo de 29 anos que comezou a súa carreira como lateral pero que nas últimas tempadas adiantou a súa posición, convertíndose nun dos xogadores máis desequilibrantes do Barbadás e da 3ª División.

Comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Pabellón, pasando despois por Puente, Ourense B, Arenteiro, Verín, Antela, Celanova e Nogueira, antes de recalar no Barbadás na tempada 2012-13. No equipo dos Carrís estivo nas últimas cinco tempadas. Na derradeira campaña no Barbadás xogou 31 partidos anotando 8 goles.

Dúas grandes fichaxes para ilusionar aos seareiros ourensanistas.