A Peroxa CF 2 – 2 UD Ourense: Empate en O Marco nun encontro moi desputado

con No hay comentarios

Empate fronte A Peroxa CF nun encontro moi desputado. Oportunidade para moitos xuveniles e boa imaxe a pesar das táboas. Gran afluencia de público e trato recibido.

Namentras Nacho Currás e unha parte do equipo se desprazaban o Polígono, a expedición comandada por Fernando Currás rendía visita O Marco. Enfronte atopábase un dos históricos do fútbol ourensán, O Peroxa CF ao cal antes do encontro entregámoslle unha praca conmemorativa con motivo da súa traxectoria e do gran trato dispensado o noso clube.

O choque estivo marcado pola intensidade e a desputa por facerse co control do coiro. Os locais adiantáronse os 8 minutos dende o punto de penalti e 3 minutos despois un remate de cabeza de Abel, permitíalles ampliar distancias no marcador.

Tocou remar e pelexar, pero Carlos recurtaba distancias gracias a una gran xogada colectiva que orixinaron Bruno e Joni. Estreno goleador do ex do Antela, que xa rozara o gol en varios amigables e logrou ver porta no día de onte.

A Peroxa, con grandes reforzos de cara a nova tempada, non se amilonou e buscou o terceiro. O partido converteuse min correrúas con ocasións para ambos conxuntos. Cabe destacar a deportividade e a nobreza na desputa do coiro.

Xa na segunda metade chegaría o tanto do empate, obra de Adrián, que suma xa 3 tantos no que vai de pretempada. Gran ambiente tamén la bancada ca presencia de numeroso público das dúas afeccións. Expresamos o noso agradecemento A Peroxa non so por invitarnos o amigable, senón tamén polo trato recibido sempre coa cesión de campo para os nosos adestramentos.