O balón xa roda na Preferente Sur e a UD Ourense botou a rodar unha campaña máis, nunha categoría especial, xa que por primeira vez, sairemos das nosas fronteiras provinciais para percorrer a provincia de Pontevedra, ademáis, por suposto, dalgún desprazamento pola provincia.
Para esta nova campaña a directiva ourensanista voltou a apostar por xente da casa. Algo que era tónica habitual anos atrás e que voltará a ser unha das principais bagaxes do equipo vermello. Un plantel no que a excepción do cancerbeiro, Pato Guillén, todos son nados na provincia de Ourense. A nosa principal seña de identidades sempre foi dar oportunidades a xente da terra e neso vimos traballando, en confeccionar un plantel feito en Ourense e composto por ourensáns. Coma de costume, o clube buscou incorporacións procedentes dos clubes do fútbol provincial, que queremos sexa a seña de identidade deste equipo e permita facer crecer o noso fútbol.
Moitos deles teñen en común o seu pasado no noso amado CD Ourense e outros a súa presencia no clube en categoría xuvenil ou durante estas tempadas anteriores. Todos están unidos polo mesmo, polo ourensanismo, polo later dun sentimento que segue vivo e que impregna cada domingo as gradas de O Couto, esa nas que se reúnen máis de 1.000 siareiros con un solo obxetivo, ver seguir medrando os seus.
Neste artigo, vamos a desgranarvos a cada un dos membros que forman parte deste equipo, que quere seguir crecendo no balompé nacional e acadar outro ascenso a final de tempada. Plantel con ambición e ganas de amosar a todos do que son capaces.
Corpo Técnico
Fernando Currás: Un dos históricos do finado CD Ourense e natural de Esgos. Dono e señor da medular e peza vital coma mediocentro defensivo do clube. Xogou 8 temporadas vestindo as súas cores e pasou por varios conxuntos coma Getafe, Alcorcón, Jaén ou Melilla. Co conxunto da cidade autónoma colgou as botas e pasou a ser adestrador. Recalou a pasada tempada na UD Ourense para coordinar o fútbol base. Nesta tempada retorna os banquillos e volta a pisar a que foi a súa casa, O Couto.
Nacho Currás: Irmán de Fernando e de Tito, outro membro da saga Currás, natural tamén de Esgos. Asume o rol de segundo adestrador, despois de toda unha vida adicado o mundo do fútbol. Sporting Celanova, Verín, Arenteiro ou Lalín foron algúns dos clubes nos que xogou. As últimas 5 tempadas pasounas na UD Barbadás, onde colgou as botas. Tras un ano sabático regresa o fútbol e súmase a UD Ourense.
Antonio Dacosta: Historia pura do ourensanismo e da UD Ourense. Foi o adestrador do primeiro equipo dende a súa formación ata a chegada de Fernando Currás. Artífice de tres ascensos consecutivos e un home de clube. Formou parte tamén do corpo técnico do finado CD Ourense e como futbolistas militou no clube da cidade, ademáis de en Burgos, Mallorca e Deportivo, xogando en Primeira División. Este ano pasa a encargarse do adestramento de porteiros. Unha das nosas lendas, natural de Ourense.
Toni Álvarez: Un mediocentro de gran proxección, o que as lesións non respetaron e fixéronlle tomar a decisión de colgar as botas prematuramente. Como futbolista formou parte do filial do CD Ourense que conquistou a Copa Deputación e tamén xogou na UD Ourense. A súa outra gran pasión e a preparación física, cargo que ocupará no conxunto ourensanista, tras cursar estudios de INEF e especializarse en recuperación de lesións.
Óscar López: Outro ourensán de pro e delegado do primeiro equipo dende a súa aparición. Foi socio de CD Ourense e un desas persoas que seguía o equipo alá onde acudía. Árbitro de fútbol durante máis de 13 anos en donde impartiu xustiza como trencilla en Preferente e asistente específico de Terceira. Un luxo para empeñar un cargo tan importante coma o de delegado do clube.
Plantel:
Pato Guillén: O único membro do plantel nacido fora das nosas fronteiras, pero ourensán de adopción, dada a súa presencia na cidade durante varias tempadas, que formou unha familia na nosa terra e defendeu a portería de CD Ourense. Tralo seu paso por Barakaldo, Compostela e Boiro, o uruguayo regresa a que é a súa casa e na que se sinte partícipe. Defenderá a portería ourensanista unha vez máis.
Samuel Vázquez: Natural de O Carballiño é xa un dos veteráns da plantilla, na que cumpre a súa terceira tempada baixo os paus de O Couto. Antes defendeu a meta do desaparecido Barbantes. Foi o cancerbeiro titular na tempada no que o equipo conseguiu o título de Liga en Segunda Autonómica e a Copa Deputación “B”.
Alejandro Oliveira “Oli”: Outro nado en Ourense que volta para xogar na que fora a súa casa. Xogou en Clube Deportivo Ourense varias tempadas, formando parte da base, do filial e do primeiro equipo, co que chegou a debutar en Vallecas diante do Rayo Vallecano. Lateral esquerdo de gran proxección ofensiva e que amosa tamén contundencia na zaga. Chega procedente do Barbadás, equipo no que xogou as últimas 7 tempadas.
José María Gómez “Josu”: Un dos últimos capitáns de CD Ourense e membro do clube dende a base ata o primeiro equipo, pasou media vida defendendo as cores da referencia futbolística da nosa cidade. Trala desaparición, marchou a xogar en Compostela e Coruxo, para voltar a casa esta tempada e acudir a chamada do ourensanismo. Lateral dereito moi completo, que destaca pola súa entrega e loita constante. Un seguro en defensa e tamén nas súas incorporacións ofensivas.
Miguel Seguín: Nado en Vilar de Barrio, os seus 17 anos é un dos xogadores que fixo a pretempada dende o conxunto xuvenil, no que seguirá formándose. É un dos futbolistas a seguir de cerca, xa que en breves podería dar o salto a categoría sénior. Unha mostra de que a canteira ourensanista segue funcionando.
José Miguel Rodríguez Codeso: Natural de Celanova e unha das revelacións da pretempada. Chega o noso clube procedente do Sporting de Celanova e apunta a ser un dos baluartes na zaga. Pode actuar de lateral esquerdo e de central, o que ofrece unha polivalencia perfecta para esas posicións. Pasou por Bande e Cartelle e debutará esta tempada en categoría autonómica.
Xurxo Bouzo: O mariscal da zaga, historia viva do ourensanismo tanto en CD Ourense coma na UD Ourense. O último xogador que queda do primeiro plantel da nosa historia que arrancou en Terceira Autonómica. Central nado en Ourense que xogou 3 tempadas no noso antepasado, desputando a histórica semifinal de Copa fronte o Barcelona. Esta será a súa 4 tempada para un histórico do noso fútbol que pasou por moitos conxuntos.
Pablo Corzo: Central expeditivo e de garantías, un seguro a hora de defender e con moita facilidade para sumar en ataque, especialmente en xogadas de estratexia. Natural de Nogueira de Ramuín, chega procedente do CD Barco de Terceira División. Formou parte do Ourense «B» e fíxose un oco no primeiro plantel na última tempada da man de Luisito. Un reforzo de luxo para o eixe da zaga ourensanista.
Diego Pousa: Producto da canteira vermella, é un dos xogadores que xa debutou co primeiro equipo en idade xuvenil. Nado en Cea, formará parte do primeiro equipo esta tempada e apunta a que terá algúns minutos. Pode actuar coma central, aínda que tamén ten facilidades para a súa reconversión en lateral. Primeiro xogador que sale da nosa base e se asenta no primeiro equipo.
Aitor Martínez: Un dos futbolistas que desembarcou no proxecto ourensanista a pasada tempada procedente do CD Arenteiro. Tamén pasou por Lemos e Barbadás «B». Xogador polivalente que pode actuar de central, mediocentro defensivo e tamén de lateral. Natural de Ourense, afronta a súa segunda tempada nunha categoría que xa coñece.
Abelardo Currás “Tito Currás”: Outro dos veteráns do plantel, que cumple a súa terceira tempada ca elástica vermella. Central expeditivo e peza clave nos dous últimos ascensos da UD Ourense. Naceu en Esgos e é un dos históricos do fútbol provincial, xa que militou en varios conxuntos. Chegou o noso equipo fai xa 3 tempadas procedente do Sporting de Celanova. A última renovación do clube e un seguro para a zaga.
Julio Martínez: Outro ourensán producto da canteira do Pabellón CF, da que formou parte ata a súa incorporación a UD Ourense, reforzando o equipo en Segunda Autonómica. Destaca pola súa polivalencia, podendo actuar de mediocentro defensivo e de central. Tamén ten olfato goleador, sendo un especialista nas xogadas de estratexia a balón parado, onde saca o máximo rédito.
Germán Pérez: Nado en Ourense, foi outro dos xogadores que vestiu a elástica de CD Ourense en Terceira División. Central de garantías e mediocentro defensivo de luxo para o equipo. A súa polivalencia ofrecerá moitas posibilidades o adestrador. Chega procedente da UD Barbadás de 3ª, categoría na que tamén militou coa SD Compostela, acadando un ascenso.
Luis González: Un dos xogadores que mamou dende neno a filosofía de CD Ourense, formando parte das categorías inferiores do clube e capitaneando algún dos equipos en cuestión. Natural de Cambeo (Coles), é un xogador que actúa na medular e con experiencia en Terceira División, onde xogou ca UD Barbadás todas as tempadas que os azulóns estiveron nesa categoría.
Bruno Gómez: Outra das incorporacións desta nova tempada e que chega para reforzar a medular vermella. Mediocentro natural do Pereiro de Aguiar e con pasado en CD Ourense, onde xogou no filial, ademáis de desputar algún que outro encontro co primeiro equipo. Chega procedente do Nogueira de Ramuín co que desputou as últimas tempadas, sendo peza clave a pasada tempada co conxunto afiador.
Omar García: O «arquitecto» como se lle conoce agarimosamente nas gradas de O Couto. Futbolista de gran talento que pode actuar na medular, coma mediapunta ou caendo a unha banda. Natural de Barbadás, militou neste clube, pero tamén no Ourense «B». Nesta terceira tempada quere seguir sendo un referente creativo e agárdase que o respeten as lesións.
Alfredo Veiga: Un trotamundos do fútbol provincial, natural de Ourense e con moita experiencia en categorías autonómicas. Chega procedente do Barbadás, no que militou as últimas 5 tempadas. Chegou a vestir a elástica do Ourense «B» en Terceira División, nun dos últimos anos do filial nesta categoría. Ponte, Verín, Arenteiro, Antela ou Celanova foron outros equipos polos que pasou este extremo que tamén pode actuar as veces como lateral. Desborde e verticalidade son as súas virtudes.
Carlos López: O benxamín das fichaxes de este ano. Natural de Xinzo de Limia, recala no noso proxecto procedente do Antela. A pesar da súa idade, 18 anos, xa despuntou co conxunto limiao, no que anotou 12 tantos a pasada tempada. Mediocentro de futuro e garantías, aposta persoal do técnico, trátase duun rapaz con gran ambición e que ven a desputar a posición a colosos do fútbol ourensán.
Fran Martínez: Verinés de nacemento e ourensanista dende a pasada tempada, cando recalou no Couto procedente do Verín CF, que acababa de descender a Preferente. Pode actuar como mediapunta e centrocampista de creación. Será un dos futbolistas que aporte movilidade a medular. Ademáis, é especialista en ascensos, tras acadar un co Barbadás, dous co Verín e o último vestindo a camisola da UD Ourense.
Rubén Durán: O primeiro histórico de CD Ourense que acudiu a chamada da UD Ourense. Futbolistas de gran experiencia en 2ª B na que ademáis de nas filas vermellas, xogou en Racing de Santander, Lugo e Marbella. No caso dos dous primeiros, chegando a desputar encontros en Segunda División. Mediapunta de gran talento, visión e olfato goleador, pode tamén actuar na banda. Talento e pura maxia para os afeccionados ourensáns.
Jonatan Magisano “Joni”: Outra das revelacións da pretempada e do inicio de campana. Natural de Carballeda de Avia, chega o clube procedente do Ribeiro FC. Futbolista ofensivo é cun bo olfato goleador, acostuma a actuar de extremo, aínda que tamén fixo as súas aparicións na punta de ataque. Perfílase como unha aposta de futuro, dados os seus 23 anos e as condicións físicas que amosa en adestramentos e partidos.
Hugo García: Segunda tempada vestindo a elástica vermella e segunda oportunidade para despuntar como dianteiro. Home de gol do equipo cun pasado amplio no fútbol nacional. Militou na base do Real Valladolid e RC Deportivo, pasando despois por Fabril, Cádiz e Castellón, antes de recalar no Cerceda e posteriormente na UD Barbadás, que foi o seu último clube. Rematador de luxo, é un xogador que aporta moito movemento en ataque e proporciona grandes opcións de gol os compañeiros.
Unai Gómez: As bancadas ruxen o berro de «Unai, Unai, uno di noi». Este ourensán é un futbolista de raza e que non rexeita a loita polo coiro en cada oportunidade. Pode actuar como dianteiro ou extremo e destaca pola súa entrega e coraxe, capaz de desfondarse en cada encontro. Tivo pasado na base de CD Ourense e formou parte do seu filial. Esta é a súa terceira tempada no clube, o que chegou tralo seu paso polo Verín CF.
Adrián Rodríguez: Outra das xóvenes promesas do clube, que se está facendo maior ca UD Ourense. Dianteiro de moita movilidade e facilidade para crear espazos de gol. Esta será a súa terceira tempada no conxunto de As Burgas, tras recalar no noso clube procedente da base do Pabellón CF. Artífice do tanto que permitiu lograr o título da Copa Deputación «B». Debutará na categoría.