Fin de semana onde os primeiros equipos do clube, solventaron satisfactoriamente os seus resultados. Na Base tan só duas victorias e un empate, mentres que no primeiro equipo e feminino si se acadaron os 3 puntos.
No fútbol 11, o Xuvenil A perdía con claridade ante un rochoso Velle no Campo da Aira. O Xuvenil B facía o propio nun raro partido ante o Cea onde mereciu mais. O Cadete A gañaba en Velle de xeito holgado e o Infantil B fixo un bo partido e perdía tan só por cinco goles ante o Verín. O Infantil A e Cadete B tocoulles descansar na primeira xornada do torneo de base, ó ser o seu grupo impar.
No fútbol oito, destacar a victoria do Alevín C de Tomas Conde ante o Nogueira no campo da Tella e ademais por catro goles de diferencia Tamén puntuaba o Benxamín A ante o Pabellón Promesas en Salesianos, nun bonito e disputadísimo partido.
O primeiro equipo gañaba por un axustado 0-1 ante o Antela no campo da Moreira, e o feminino de maneira moito mais clara no campo da Tasca fronte o Aguiño.
One Response
U.D. Ourense: Pocas victorias este fin de semana - Ourense Deportivo
[…] entrada Pocas victorias este fin de semana aparece primero en Unión Deportiva […]