A UD Ourense vence no Lourambal ao Porriño Industrial, nun encontro moi disputado e con ocasións para ambos conxuntos. Os tantos de Josu e Fran Martínez servíronlles aos ourensáns para sumar a terceira vitoria consecutiva. Pelouro fixo o tanto dos locais.
Avisabamos na previa de que se enfrentaban dous conxuntos que calificamos de titáns e a verdade é que non nos equivocamos. Encontro no que primou o fútbol e no que as pizarras remataron por decidir o devir do choque. Batalla táctica da que sacou petróleo a UD Ourense, logo dun rápido saque de banda, que aproveitou Josu para anotar e decidir o duelo.
O partido comezou con alternancia no dominio do coiro, ningún dos dous equipos lograba impoñerse e salvo momentos puntuais do partido, esa foi a tónica xeral. Fernando Currás apostou por un XI sen grandes variacións con respecto ao que se impuxo ao Caselas, a única novidade foi a entrada de Hugo, xa recuperado, en detrimento de Adrián, que hoxe pasaba ao banquillo.
Adiantáronse rápidamente os ourensáns no marcador. Joni centraba dende a banda e Fran, un dos máis destacados na tarde de hoxe, remataba de cabeza sen oposición. Un coiro ante o que nada pudo facer Fernando, quen logo estaría destacado con varias paradas de mérito. O tanto espoleu ao conxunto vermello, que trenzaba e movía o esférico con bo criterio. Hugo dispuxo de unha boa ocasión para aumentar as diferenzas. Centraba Josu dende a banda e o remate do dianteiro ourensán superaba a Fernando, pero un rival salvaba baixo paus.
O Porriño tentábao por mediación de Tubo e Groba, dous xogadores que se asociaron moi ben en labores defensivas e que obrigaron a nosa defensa a empregarse a fondo. O propio Tubo probou sorte en dúas ocasións, pero topouse con Pato Guillén. Na outra porta, Hugo voltaba a probar fortuna tras un centro de Alfredo, pero o seu remate marchábase por enriba da meta de Fernando. Antes fora Fran o que o tentara dende loxe, cun disparo que se envelenou, pero que detiña o meta local.
Os minutos transcorrían e o Porriño sacou petróleo dun saque de esquina. Claudio Giráldez, ex lateral de CD Ourense, agora reconvertido na medular, botaba o coiro dende o curruncho e por alí aparecía Pelouro para rematar a pracer e devolver as táboas ao luminoso. O tanto noqueou un pouco aos visitantes, que perderon un pouco de terreo. Aarón antes do descanso, probou fortuna dende lonxe, pero o seu remate marchou desviado.
Tras o paso por vestiarios, os de Currás saíron coa lección aprendida dos últimos dous encontros e non cederon terreo ao rival. A posesión intercambiábase e as pizarras dos técnicos non remataban por impoñerse. Hugo probou sorte nunha falta botada por Alfredo, pero de novo aparecía Fernando. Os visitantes tentárono por mediación de Tubo e Groba, pero sendos remates acabaron tamén nas mans de Pato.
Josu salvaba cunha gran intervención un centro de Groba a boca de gol, cando parecía que un xogador do conxunto industrial se dispuña a rematar. Fran Martínez e Joni non acertaban a rematar unha xogada embarullada no área e o partido parecía converterse nun correrrúas, ata que chegou a xogada que cambiou o sino do encontro. Saque de banda que efectuaba a UD Ourense rápidamente, o coiro chegáballe a Josu, quen sen pensalo e vendo que estaba libre de marca, disparaba dende fora do área e algo escorado. O coiro entraba na meta de Fernando, sen tocar a ningún xogador, pero facendo un extrano que despistaba ao gardamallas local. Erro na marca da zaga local e tanto decisivo dos ourensáns.
De ahí ao final, o Porriño tentouno colgando balóns e buscando as costas dos zagueiros vermellos, pero sen acertar a definir. Os ourensáns buscaron a contra, pero o marcador xa non se movería. Vitoria para a UD Ourense, que suma a terceira consecutiva do campionato e a primeira coma visitante. 9 puntos de 12 posibles, que aupan aos vermellos aa parte alta da táboa. O domingo as 17:30 horas, toca recibir en O Couto o Beluso, partido para seguir sumando.