A UD Ourense rende visita mañá a partir das 18:00 horas o Porriño Industrial. O conxunto vermello visita o Lourambal na cuarta xornada ligueira. Partido complicado ante un dos cocos da categoría, pero cun campo de dimensións similares O Couto o que facilitará o xogo combinativo. Oli, que segue recuperándose da lesión, será a única baixa.
Nova fin de semana e nova xornada ligueira para a UD Ourense. Despois de dous encontros consecutivos coma locais, toca voltar a render visita a domicilio esta vez a un equipo mítico do fútbol galego como é o Porriño Industrial. Os nosos tratarán de prolongar a súa racha de vitorias cun trunfo máis, que ademáis podería ser o primeiro a domicilio, despois do tropezó por 2-1 no campo do Valladares.
Fernando Currás recupera a Hugo García para este encontro, pero non poderá contar con Oli, que prosegue recuperándose da súa lesión, polo que se agarda que Codeso volte ocupar o lateral esquerdo. O plantel chega ca lección aprendida despois da floxa segunda parte contra o Caselas, na que o conxunto rival recurtou diferencias e puideron dar algún que outro susto. De todo se aprende e sen dúbida o encontro serviu para que os xogadores souperan que non vai haber partidos fáciles e que non se poden baixar os brazos.
O punto positivo en contraposición co estadio de Valladares, será sen dúbida as dimensións de Lourambal, moi similares O Couto, o que facilitará o movemento do coiro e a práctica do fútbol. Esta será unha das claves, xa que Currás voltará apostar por un XI moi similar o do último encontro, coa subida dos laterais en ataque e coa intención de dominar a posesión, apostando por un estilo ofensivo. Hugo García, que regresa a convocatoria, podería ser a gran novidade do esquema.
Pola súa banda, o Porriño Industrial afronta esta cita coa intención de sumar a súa terceira victoria da tempada, que ademáis sería consecutiva, despois do tropezo na primeira xornada diante do Xuventud de Sanxenxo. As victorias na casa fronte o Atios e a domicilio en Valladares, reforzaron a moral dun grupo que aposta por pelexar o ascenso e que conta cun plantel moi completo e con xogadores con experiencia e Terceira e Segunda “B”.
O conxunto que adestra Manu Losada conta con grandes nomes e dous ex ourensanistas coma son Ismael Quintas e Claudio Giráldez, ambos con pasado en CD Ourense, e ambos zagueiros. A eles súmanse outros nomes coma o cancerbeiro Fernando e centrocampista Antúnez, con pasado no Coruxo e que aportan non solo veteranía, senón un plus de calidade. Outro dos homes a seguir será o dianteiro Tubo, que suma 2 tantos en 3 encontros.
Encontro por tanto, entre dous rivais que queren loitar pola zona alta da táboa e que aspiran a pelexar polo ascenso a final de tempada. Rival complicado, pero cun campo que permite xogar o fútbol, o que beneficiará os pupilos de Fernando Currás.