As nosas rapazas terán un complicado contrincante nos cuartos de final da Copa de 1ª División feminina de Galicia. O Portonovo foi un dos equipos que tamén loitou polo ascenso a 2ª División nacional e que acabou en cuarta posición empatadas a puntos coas ourensanistas, con mellor golaveraxe para as nosas..
O domingo en Velle, 18,00 horas, tratarán de conseguir un bo resultado con vistas ao partido de volta que se xogará o vindeiro fin de semana en terras pontevedresas. Na penúltima xornada de liga vitoria ourensanista por 2-1 que serviu para acadar a terceira praza. Foi un partido moi igualado que se resolveu na segunda metade nunha boa xogada de Laura, antes Cris fixera o 1-0.
Para este encontro Rubén García convocou ás seguintes xogadoras: Noe, María, Pacy, Lo, Andrea, Jani, Moni, Dana, Laura, Aida, Feijoo, Palo, Hele, Cris e Zaira.