A UD Ourense realizará a presentación oficial da súa base no estadio do Couto no descanso do partido deste domingo fronte o Moaña.
Este próximo domingo no partido que a UD Ourense desputará contra o CD Moaña, presentarase a base do clube ante a nosa afección. Co pitido do árbitro que marque o final do primeiro tempo, chegará á quenda para que a nosa canteira desfile sobre o céspede de O Couto para recibir o tributo da bancada ourensanista.
A UD Ourense sempre tivo claro que o futuro da entidade pasa por coidar a nosa base, que é o proxecto sobre o que forxar as bases do noso clube de cara o futuro. Os nenos e nenas que forman parte dos 12 equipos de fútbol, 4 de fútbol sala e a Escoliña terán a oportunidade de pisar o céspede de O Couto, co que soñan con desfrutar algunha vez nun futuro. Tamén terán a oportunidade de presenciar o partido do primeiro equipo e animar ó conxunto sénior.
A continuación deixámosvos o vídeo no que o vicepresidente, Damián Domínguez e o coordinador da base, Diego Soto, presentan o partido: