Moita xuventude na tarde de onte no Couto. Alí estaban Carlos López Sánchez, 18 anos, e Adrián Rodríguez, 21. Carlos chega procedente do Antela, onde xogou 34 partidos e anotou 12 goles. Unha cifra moi respectable xa que se trata de un xogador que se desenvolve como mediocentro ou interior, aínda que tamén pode xogar de dianteiro. Xove e polivalente. En principio alternará o equipo xuvenil co de Preferente Autonómica onde a ben seguro que terá oportunidades de demostrar a súa valía.
Pola súa banda Adrián renova a pesares de que a tempada pasada non puido demostrar todo o que leva dentro. As lesións e a falta de continuidade lastraron o seu rendemento. Esta campaña estamos seguros que veremos a mellor versión de Adrián, un dianteiro de gran calidade. A tempada pasada xogou 22 partidos, 4 como titular, e anotou 8 goles.
Foto: Yedra Seara