Xornada importante para a nosa base na que haberá que prestar especial atención os encontros do xuvenil, do cadete «A», alevín «A» e benxamín «A», equipos que se xogan todavía as súas opcións.
Xuvenís
Pabellón CF «C» – UD Ourense (Domingo, 12:00 horas. Os Remedios)
Partido moi importante para o nosos xuvenil, que podería achegarse en caso de triunfo a tan só 3 puntos do ascenso directo a liga galega. Os pupilos de Agustín marchan líderes e visitan a un rival directo, que ocupa a terceira praza e que non o porá nada fácil. Os Remedios agardan unha cita histórica para o noso combinado xuvenil.
Cadetes
CCAR Valladares – UD Ourense (Sábado, 18:00 horas. A Gándara)
Partido vital para o cadete de liga galega, que visita o sábado A Gándara para enfrontarse a un Valladares inmerso tamén na pelexa pola permanencia. Os locais avantaxan os nosos en 7 puntos, diferencia que tratarán de reducir cun triunfo a domicilio que faga creer todavía na salvación. Final anticipada.
UD Ourense «B» – CD Velle «B» (Domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)
Quinta xornada do sistema de liguilla da Copa para o nosos cadete «B. Tras caer derrotados no seu último encontro, os nosos buscarán unha vitoria que os achegue os postos de cabeza. O rival será o Velle «B», que ata o de agora non foi quen de sumar ningún punto no que vai de competición.
Infantís
UD Ourense – Pabellón Promesas (Domingo, 10:15 horas. Colexio Miraflores)
Os infantís xa non teñen opcións de pelexar o ascenso a galega e enfrontanse en Miraflores o líder do playoff polo título, o Pabellón Promesas, que camiña con paso firme cara o ascenso. Con 4 xornadas para o remate da competición e con distancias mínimas, os locais non poden errar. Os nosos tratarán de sumar puntos para acabar o máis arriba posible o final da competición.
AD Bosco «B» – UD Ourense «B» (Sábado, 10:00 horas. Salesianos)
O infantil «B» afronta un importante encontro a domicilio da Copa no seu sistema de liguilla. Os nosos marchan cuartos, pelexando por meterse nos postos que dan acceso a seguinte ronda. Partido compricado ante o líder, pero rival directo nesta loita o que tratarán de superar para meterse máis na pelexa. Oportunidade de ouro de recuperarse da última derrota.
Alevís
Ourense CF – UD Ourense (Sábado, 11:00 horas. Oira)
Os alevís apuran as súas opcións de pelexar por xogar o sector galego. Fin de semana importante para os pupilos de Álex Castro, que buscarán 3 puntos diante dun rival directo, do que poderían quedar a tan só 2 en caso de vitoria. Os locais ocupan a última praza que da o privilexio de competir cas mellores bases de Galicia. Cita marcada en vermello para o ourensanismo.
CP Calasancio «C» – UD Ourense «B» (Sábado, 11:45 horas. Os Escolapios)
Penúltimo encontro ligueiro do alevín «B», que finalizará segundo tras unha gran campaña no que tan só o Monforte foi superior os vermellos. Os nosos viaxan precisamente a terras monfortinas, pero para enfrontarse o Calasancio «C». Os nosos tratarán de sumar 3 novos puntos na penúltima xornada de campionato ante un rival que ocupa a media táboa.
CP Calasancio «B» – UD Ourense «C» (Sábado, 13:00 horas. Os Escolapios)
Despois de conquistar o título ligueiro fai unhas cantas xornadas e tras empatar un encontro que puxo fin a racha inmaculada de triunfos, o alevín «C» adestrado por Ramón Dacosta, Diego Soto e Fernando Currás buscará un novo triunfo a domicilio para acabar co maior número de puntos posibles. Viaxan ata Monforte para medirse o CP Calasancio «B».
Benxamís
Ourense CF – UD Ourense (Domingo, 11:00 horas. Oira)
O benxamín lanzado con catro vitorias consecutivas cara o sector galego, que actualmente desputaría no caso de acabar a competición, disputa un trascendental derbi diante do Ourense CF. Os nosos pequenos buscarán un triunfo ante un rival o que avantaxan en 4 puntos e o que tratarán de dobregar para seguir unha semana máis nos postos privilexiados. Os nosos son cuartos con 34 puntos a 5 xornadas do final.
UD Ourense «B» – CD Rúa (Sábado, 13:00 horas. Oira)
O segundo equipo benxamín desputa competición ligueira diante do CD Rúa, rival que nos precede na táboa e ante o que tratarán de sumar un triunfo que se lles resiste dende fai moitas xornadas.
Prebenxamís
UD Ourense – Pabellón CF (Sábado, 16:00 horas. Colexio Miraflores)
O prebenxamín desputa unha nova xornada do playoff polo título, na que reciben en Miraflores a un dos pesos fortes da categoría, o Pabellón. Os nosos, xa non contan con opcións de desputar o sector galego, pero tratarán de dar unha gran imaxe e sacar algo positivo ante un rival moi compricado.
UD Ourense «B» – EDC Barbadás «B» (Sábado 16:00 horas. Colexio Miraflores)
Novo partido de formación para os máis pequenos dos nosos clubes de fútbol. Os vermellos reciben o Barbadás «B» na casa, ca intención de seguir desfruntando e sumando novas experiencias futbolísticas.