Previa da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Xornada importante para a nosa base en plena recta final de competición. O alevín e o benxamín proseguen na pelexa por acceder o secto galego, namentras que o cadete ten unha nova final na loita pola permanencia da Liga Cadete. o alevín «B» e alevín «C» adéntranse na liguilla da Copa, namentras que o infantil «B» busca seguir na parte alta e meterse na seguinte ronda copeira. Os xuveniles, campiós, o infantil «A» e o prebenxamín «A, xa non  se xogan nada. Descansan o cadete «B», benxamín «B» e prebenxamín «B».

Xuveniles

Ourense CF «B» – UD Ourense (domingo, 12:00 horas. Municipal de Oira)

O xuvenil, que acadou o ascenso a pasada fin de semana, desputa a penúltima xornada do playoff polo título cos deberes feito e ledicia do ascenso a liga galega todavía presente. Os nosos deixarán aparcado todo eso para desputar un derbi especial diante dos nosos veciños do Ourense CF «B», rival que non conta con opciós de meterse na pelexa por acceder as eliminatorias de ascenso.

Cadetes

UD Ourense – Val Miñor «B» (domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)

Tras unha fin de semana de paró en competición, a liga galega cadete regresa esta fin de semana ca desputada dunha nova xornada ligueira. O equipo que adestra Vilachá recibe en Miraflores o Val Miñor «B, equipo da parte alta da táboa e ata o que procurarán sumar 3 puntos que os acheguen as posicións de permanencia, agora mesmo a 4 puntos. Restan 6 xornadas e todavía é posible.

Descansa a UD Ourense «B».

Infantís

UD Ourense – CF Monforte (sábado, 18:00 horas. Colexio Miraflores)

Os infantís de Bruno Gómez, sen opcións de pelexar o ascenso, desputan a penúltima xornada do playoff polo título, no que se enfrontan a un Monforte na mesma situación cos vermellos e empatados a puntos. Os nosos tratarán de superar a un rival directo para mellorar a súa posición na táboa de cara o final da competición.

Ourense CF «C» – UD Ourense «B» (sábado, 10:00 horas. Municipal de Oira)

O infantil «B» quere seguir unha semana máis nos postos de cabeza da táboa do sistema liga da Copa. Os nosos marchan segundos e postos de acceso a seguinte rolda. Para seguir nesa zona nobre da clasificación, deberán superar no derbi o Ourense CF «C», equipo que marcha na parte baixa, pero que con 7 xornadas desputadas, todavía aspira a meterse na loita por acceder a seguinte rolda. Vencer sería un paso moi grande cara a clasificación.

Alevís

ED Ourense – UD Ourense (domingo, 11:00 horas. Salesianos)

Primeira das tres finais que lles agardan os alevís neste sprint final por meterse no sector galego e competir polo título autonómico cas mellores escolas de Galicia. O equipo que adestra Alex Castro precisa gañar a ED Ourense para manterse na loita con Calasancio e Ourense CF, equipos que ocupan postos de acceso o sector, e que lles sacan os nosos 4 e 2 puntos. Boa oportunidade xa que os cuartos enfrontanse os segundos da táboa.

CD Allariz – UD Ourense «B» (sábado, 11:00 horas. O Seixo)

O segundo equipo alevín comeza a súa andadura en competición copeira ca desputa da primeira xornada da liguilla de grupos, na que visitan terras alaricanas para enfrontarse o Allariz. Os nosos cativos, tras acadar o subcampeonato ligueiro, afrontan agora un novo reto nesta competición.

EDC Barbadás «B» – UD Ourense «C» (sábado, 16:00 horas. Os Carrís)

Tras comezar a pasada fin de semana a competición copeira cunha contundente vitoria, O alevín «C», flamante campión ligueiro, busca dar un golpe de efecto sobre a mesa e imporse na segunda xornada de competición para sumar 3 novos puntos. Enfronte estará o Barbadás «B», equipo que comezou con derrota ante o Calasancio «B» a competición.

Benxamís

ED Ourense – UD Ourense (sábado, 10:00 horas. Colexio Miraflores)

Partido importante para o conxunto benxamín, que abandou a pasada fin de semana os postos de acceso o sector galego, do que están a 1 só punto. Os nosos deberán vencer en Miraflores a ED Ourense, equipo que marcha a 5 puntos dos nosos e que teñeno case imposible para meterse na pelexa polo sector. Ademáis, os olllos estarán pendentes na EDC Xinzo, xa que en caso de tropezo e vitoria vermella, regresaríamos os postos desexados.

Descansa a UD Ourense «B»

Prebenxamís

UD Ourense – CP Calasancio (domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)

Os prebenxamís compiten nunha nova xornada do playoff polo título. Sen opcións de meterse no sector galego, os nosos seguen a facer unha gran competición e formándose coma xogadores. Desta vez reciben en Miraflores o Calasancio, equipo que marcha por detrás e o que buscarán superar para escalar algunha posición de cara o final de liga.

Descansa UD Ourense «B»