Nova xornada para o fútbol base do clube no que haberá partidos importantes na recta final dalgunhas competicións e nos inicios das copeiras.
Xuveniles
UD Ourense – CD Rúa (sábado, 19:30 horas. Colexio Miraflores)
Último encontro ligueiro dos xuveniles, que cos deberes feitos reciben na casa o CD Rúa, no último encontro deste playoff polo título. Os pupilos de Agustín Ruíz buscarán despedirse da competición cunha nova vitoria, nunha fase na que tan só concederon 2 empates. Os nosos están inmersos tamén na loita pola Copa, próximo obxetivo para despedir a tempada.
Cadetes
Pabellón CF «B» – UD Ourense (domingo, 10:00 horas. Os Remedios)
Trascendental encontro e nova final para os cadetes, que desta vez afrontan un derbi provincial en Os Remedios fronte o Pabellón «B». Os nosos, situados a 1 punto da permanencia, necesitan gañar para seguir sumando nesa loita. O rival voltará a ser un equipo da parte alta e un rival moi compricado, pero ante o que os nosos tratarán de puntuar.
UD Ourense «B» – A Peroxa CF (sábado, 16:00 horas. Colexio Miraflores)
O cadete «B» desputa este fin de semana un novo encontro da Copa no seu sistema de liguilla, ca intención de acadar unha vitoria que os aúpe os postos altos da táboa en búsqueda do pase a seguinte ronda. Para elo, os nosos rapaces buscarán un triunfo ante o líder do grupo, o A Peroxa CF.
Infantís
CD Velle – UD Ourense (sábado, 12:30 horas. Monte da Aira)
Último partido ligueiro para o conxunto infantil que adestra Bruno Gómez. Os nosos queren despedir a liguilla do playoff polo título cunha vitoria a domicilio fronte o CD Velle. Gran temporada do equipo, que quere despedirse con un bo sabor de boca antes de afrontar a Copa.
UD Ourense «B» – CD La Purísima (sábado 17:45. Colexio Miraflores)
Partido amigable para o segundo equipo infantil.
Alevís
UD Ourense – EDC Xinzo (domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)
O alevín de Álex Castro desputa a penúltima xornada ligueira, en plena loita por meterse no sector galego, tras situarse en cuarta posición na táboa clasificatoria a pasada xornada. Desta vez, actuarán coma locais recibindo a visita da EDC Xinzo, rival da zona media da táboa.
UD Ourense «B» – CD Velle (domingo, 11:00 horas. Colexio Miraflores)
Segundo encontro copeiro para o alevín «B», que tras imporse o Allariz na primeira xornada, buscará un novo triunfo, desta vez na casa fronte o Velle. Os nosos queren avanzar na Copa e para elo deberán vencer a un dos rivais más duros da competición.
UD Ourense «C» – CDC Santa Teresita «B» (domingo, 11:00 horas. Colexio Miraflores)
Terceira xornada da Copa no seus sistema de liguilla para o alevín «C», que busca o pleno de triunfos no que vai de competición e para elo tratará de superar o Santa Teresita «B» na casa. Os nosos queren seguir unha semana máis liderando a táboa.
Benxamís
UD Ourense – EDC Xinzo (domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)
Trascendental encontro do benxamín, que marcha quinto na táboa a 1 punto do sector galego e que recibe en Miraflores a visita da EDC Xinzo, cuarto clasificado. Os nosos so lles vale a vitoria ante un rival directo, para superalo na táboa e depender de si mismos na última xornada do campionato e enfrontarse as mellores canteiras de Galicia.
UD Ourense «B» – CD Arenteiro (domingo, 10:00 horas Colexio Miraflores)
Despois de descansar no primeiro encontro da Copa no seu sistema de liguilla. O benxamín «B» inicia a súa andadura en competición recibindo o Arenteiro en Miraflores. Os nosos pequenos queren arrancar a competición conseguindo os seus primeiros puntos.
Prebenxamís
UD Ourense – EDC Barbadás (domingo, 13:00 horas. Colexio Miraflores)
O prebenxamín, sen opcións de sector galego, enfrontase o Barbadás coma local, equipo que precede os vermellos na táboa e o que tratarán de vencer para desputarlle os azulóns a sexta praza da táboa.
Descansou UD Ourense «B»