Nova xornada da base, na que varios equipos non desputan partidos coma son o caso dos xuvenís, os dous equipos infantís, o alevín «B» e o prebenxamín «B». Destacados da xornada, o encontro do alevín «A» que podería certificar a súa presenza no sector galego e do cadete «A», que se xoga a permanencia en Liga Galega.
Cadetes
UD Ourense – EDC Verín (domingo, 12:00. Colexio Miraflores)
O conxundo cadete que adestra Vilachá desputa unha nova final na loita pola permanencia. Os ourensás están a 2 puntos de saír do descenso e buscarán un triunfo ante un EDC Verín que marcha clasificado nos postos altos da táboa e que está facer unha gran tempada. Os vermellos queren seguir sumando unha xornada máis e aferrarse o soño de manterse un ano máis na liga galega.
SD Chantada – UD Ourense «B» (sábado, 12:15 horas. Sangoñedo)
Partido importante para o cadete de Luis, que opta a meterse na loita pola terceira praza, que agora mesmo ocupa a SD Chantada, rival deste próximo sábado en terras lucenses. Os nosos suman 7 puntos e queren reencontrarse co triunfo tras dúas xornadas consecutivas perdendo.
Infantís
UD Ourense
Rematou a súa participación ligueira.
UD Ourense «B»
Descansa esta xornada na súa participación no II Torneo Fútbol base da súa categoría.
Alevíns
EDC Barbadás – UD Ourense (sábado, 10:00 horas. Barbadás)
Último partido ligueiro para os alevís de Álex Castro e final para meterse no sector galego. Os ourensás ocupan agora mesmo praza de acceso o campionato galego de alevís, pero para elo deben facer o mesmo que o Ourense CF, co que empatan a puntos, pero superan en average. Os nosos tratarán de acadar o obxetivo cunha vitoria en Os Carrís ante o Barbadás. Sería o broche a unha gran remontada para acadar estes postos privilexiados.
CP Calasancio «B» – UD Ourense «C» (sábado, 13:00 horas. Os Escolapios)
O alevín «C» de Ramón Dacosta procura unha nova vitoria no sistema de liguilla da Copa Deputación de Alevís. Os vermellos contan todos os seus partidos por vitorias e marchan líderes da táboa. Para proseguir nesta boa posición, buscarán unha nova vitoria que lles de a clasificación virtual no grupo en terras monfortinas, diante do Calasancio «B».
Benxamíns
EDC Barbadás – UD Ourense (sábado, 10:00 horas. Os Carrís)
O conxunto benxamín adestrado por Quintas, quedou fora da loita polo sector galego a pasada xornada, tras caer diante do EDC Xinzo nun choque directo. Pese a todo, gran tempada a dos nosos pequenos que competiron estupendamente entre os mellores equipos da provincia e que fixo un gran Memorial Patelo. Os nosos despiden a liga en Os Carrís diante da EDC Barbadás.
UD Ourense «B» – CP Calasancio «B» (domingo, 10:30 horas. Colexio Miraflores)
Segundo partido da competición do sistema liga da Copa Deputación. O benxamín «B» buscará o seu primeiro triunfo en competición diante dun Calasancio «B» que suma 4 puntos en 2 xornadas que xa desputaron. Os nosos tratrán de achegarse a esa parte alta cun triunfo que lles de moral para seguir competindo tan ben o que resta de tempada.
Prebenxamíns
UD Ourense – A Peroxa CF (domingo, 10:30 horas. Colexio Miraflores)
último encontro do playoff polo título para os nosos prebenxamíns, que reciben en Miraflores a visita do Peroxa. Os nosos buscan rematar nunha meritoria sexta praza e para elo deberán vencer o seu rival do domingo e agardar un empate ou derrota da EDC Barbadás, que marcha por diante na táboa cun punto de vantaxe.
UD Ourense «B»
Rematou a súa participación en competición ligueira.