Nova fin de semana de fútbol base, aínda que con menos equipos participantes. So xogarán o cadete de galega, que buscará a permanencia. O infantil «B», que desputa semifinais do Torneo de Fútbol Base. O alevín «B», qie busca a clasificación a seguinte rolda da Copa. O benxamín «B» e os dous prebenxamíns, que inician andaina na Copa Deputación.
Cadetes
Cristo Victoria – UD Ourense (sábado, 16:00 horas. A Bouza)
Trala importante vitoria da pasada semana fronte a EDC Verín, o cadete de galega afronta unha nova final pola permanencia, desta vez visitando o Cristo Victoria, rival que marcha por diante da tabla e o que os vermellos queren meter de cheo na loita para expandir os rivais en liza. Os nosos buscarán unha vitoria a domicilio na antepenúltima xornada ligueira. Tras fuxir dos postos de descenso directo, agora toca evitar arrastres.
Infantís
UD Ourense «B» – EDC Barbadás «B» (sábado, 18:00 horas. Colexio Miraflores)
Partido importante para o noso segundo equipo infantil e para o que levan preparándose varios fines de semana con encontros amigables. Os nosos desputan a ida das semifinais do Torneo de Fútbol Base diante da EDC Barbadás «B». A competición é a ida e volta, polo que os nosos buscarán un resultado positivo para visitar Os Carrís con vantaxe no global.
Alevíns
UD Ourense (Copa Deputación, sábado. Os Escolapios)
O primeiro equipo alevín desputa esta fin de semana un dobre encontro copeiro nos Escolapios de Monforte. Os nosos comezan a xornada as 11:30 cun choque diante do Arrabaldo, para posteriormente medirse o Ribeiro, nos últimos dous encontros da fase de grupo. Os nosos marcha colíderes con 7 puntos, tras desputar 4 encontros e buscarán sumar 6 puntos que os manteñan nese posto de cara o pase a seguinte rolda.
UD Ourense «B» – CD La Purísima «B» (domingo, 11:00 horas. Colexio Miraflores)
Último encontro da liguilla para o segundo equipo alevín do clube, que quere acceder a seguinte rolda da Copa Deputación e imporse no seu grupo. Os nosos lideran a táboa con 7 puntos e un empate podería bastarlles para acadar a clasificación, aínda que tratarán de aseguralo vencendo, xa que tan só accede a seguinte rolda o líder de cada grupo. O alevín «B» quere emular o «C», que xa conseguiu a clasificación a pasada semana.
Benxamíns
Monforte CF – UD Ourense «B» (sábado, 10:30 horas. Luis Bodegas)
O benxamín «B» desputa a terceira xornada do sistema de liguilla da Copa. Os vermellos viaxan ata terras monfortinas para enfrontarse o Monforte no Luis Bodegas. Os nosos xa non contan con opcións de ser primeiros, a pesar de contar cun encontro menos que os seus rivais, pero o Arenteiro amosouse intratable vencendo todos os duelos directos. Os nosos, eso sí, tratarán de superar a un rival directo na táboa e pelexar pola segunda praza do grupo, que da acceso a seguirte rolda.
Prebenxamíns
UD Ourense – CD La Purísima (domingo, 11:00 horas. Colexio Miraflores)
O prebenxamín comeza a súa desputa na Copa Deputación co encontro de primeira rolda, que na ida enfrontará os nosos pequenos con La Purísima no Colexio Miraflores. Tras un gran playoff polo título, no que o prebenxamín rematou sexto a dúas prazas de xogar os ector galego, chega o turno da competición do K.O. onde os nosos pequenos buscarán facer un bo papel e proseguir ca súa formación en materia deportiva.
A Peroxa FC – UD Ourense «B» (sábado, 18:00 horas. O Marco)
Tamén debuta en Copa o prebenxamín «B», que viaxa desta volta a A Peroxa para iniciar a súa andadura na competición no encontro de ida da primeira rolda. Os nosos queren seguir competindo con alegrí e sacrificio, algo que os leva marcando toda esta tempada.