Tres encontros nesta fin de semana para a nosa canteira. O conxunto cadete xoga unha final pola permanencia, namentras que o alevín «C» e o prebenxamín «A» desputan eliminatoria copeira.
Cadetes
UD Ourense – Arosa SC (Sábado, 18:00 horas. Colexio Miraflores)
Último encontro ligueiro para o conxunto de liga galega, que desputa unha final na que deberán vencer o Arosa e agardar os tropezos de Portonovo e Valladares ou Bora. Os vermellos non lles vale outra cousa que non sexa o triunfo para escapar dos postos de descenso. Final para un dos nosos equipos de base e pioneiro en desputar competición autonómica.
Alevís
UD Ourense «C» – Pabellón «B» (Domingo, 11:00 horas. Colexio Miraflores)
O terceiro equipo alevín desputa esta fin de semana a ida dos cuartos de final da Copa, na que se enfrontará o Pabellón «B». Os pupilos de Ramón Dacosta sairon victoriosos da Liga e aspiran a meterse entre os millores nesta modalidade. Para elo, deberán acadar un bo resultado coma locais para afrontar a volta con maior tranquilidade.
Prebenxamís
UD Ourense – CP Calasancio «B» (Domingo, 10:00 horas. Colexio Miraflores)
O conxunto prebenxamín desputa esta fin de semana o encontro de ida dos oitavos de final da Copa Deputación, no que se medirán o Calasancio «B». Os máis pequenos tratarán de facer un gran papel e avanzar unha rolda máis na Copa, para certificar unha gran tempada, na que finalizaron entre os mellores 6 equipos da provincia.