Previa da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Nova xornada para os nosos equipos de base, na que actuarán coma locais 9 dos nosos 12 equipos da modalidade de fútbol 8 e fútbol 11.

Xuveniles

Antela CF – UD Ourense (Sábado, 12:30 horas. A Moreira)

O xuvenil quere prolongar o seu bo estado de forma unha semana máis e seguir mantendo unha vantaxe de 3 puntos como mínimo co seu inmediato perseguidor. Para seguir no alto da táboa e acadar o ascenso a galega, precisan un novo triunfo na matinal do sábado fronte o Antela.

Cadetes

UD Ourense – Santa Mariña (Domingo, 11:00 horas. Colexio Miraflores)

Partido vital para o noso equipo cadete que milita na liga galega. Os rapaces de Vilachá precisan sumar 3 puntos para achegarse a permanencia e para elo debe superar o Santa Mariña na matinal do domingo no Colexio Miraflores.

CD Arenteiro «B» – UD Ourense «B» (Sábado, 12:00 horas. A Uceira)

O cadete «B» de Luis González desputa a cuarta xornada da Copa no seu sistema de liguilla. Os nosos tratarán de sumar unha nova vitoria, que sería a segunda no torneo, que os manteña na parte alta da táboa. Para elo deben superar o Arenteiro o sábado pola mañá en A Uceira.

Infantís

UD Ourense – CD Rúa (Sábado, 16:00 horas. Colexio Miraflores)

Os infantís non teñen opcións de pelexar por xogar o playoff de ascenso a liga galega, pero queren sumar puntos e quedar o máis arriba posible. Nesta fin de semana, voltan a Miraflores para recibir a un Rúa que está na pelexa cos nosos.

UD Ourense «B» – ED Ourense «B» (Sábado, 17:00 horas. Colexio Miraflores)

O segundo equipo infantil afronta un derbi contra o filial das Escolas Deportivas de Ourense. Os nosos queren seguir amosando o seu bo estado de forma e superar a un combativo rival na casa diante da nosa afección.

Alevís

UD Ourense – Pabellón Promesas (Sábado, 18:00 horas. Colexio Miraflores)

O infantil apura as súas opcións de recurtar as diferenzas cos postos que dan acceso o sector galego. Para elo, deben gañar unha xornada máis e agardar o tropezo do Ourense CF. Os nosos reciben o Pabellón Promesas no Miraflores, rival directo na loita por acabar o máis arriba posible.

UD Ourense «B» – CD Velle «B» (Domingo, 10:00 horas. Colexio Miraflores)

O segundo equipo alevín desputa o seu penúltimo encontro ligueiro e co segundo posto asegurado, a distancia de 3 puntos co Monforte parece xa insalvable. Pese a todo, os nosos apurarán ata o final para evitar o alirón dos monfortinos e para elo deben gañar o Velle «B».

UD Ourense «C» – ED Ourense «B» (Domingo, 10:00 horas. Colexio Miraflores)

Tras dúas xornadas de descanso, o campión do seu grupo e equipo que conta todos os seus partidos por victoria, queren seguir facendo historia e sumar un novo triunfo que os achegue o pleno na tempada. Derbi contra a ED Ourense «B» que tratará de superar por primeira vez na tempada a un grupo moi especial.

Benxamís

UD Ourense – Pabellón Promesas (Sábado, 18:00 horas. Colexio Miraflores)

O benxamín achegouse o sector galego ca vitoria a pasada semana e o tropezo da EDC Xinzo. Esta semana poderían asaltar esa praza en caso de tropezo dos limians, pero para acadalo, deben superar tamén o seu rival en Miraflores, o Pabellón Promesas.

UD Ourense «B» – CD Arenteiro (Domingo, 13:00 horas. Colexio Miraflores)

Partido coma local para o segundo equipo benxamín que quere seguir progresando e crecendo con outro bo partido diante dun gran rival coma o Arenteiro, que visitará Miraflores o domingo.

Prebenxamís

EDC Xinzo – UD Ourense (Sábado, 11:30 horas. A Moreira II)

O prebenxamín xa non ten opción de pelexar por estar no sector galego, pero aínda así pretende sumar puntos para acabar o máis arriba posible. Desta vez, os nosos pequenos desprázanse ata Xinzo para enfrontarse o equipo local das escolas deportivas da capital limiana.

UD Ourense «B» – Calasancio «B» (Domingo, 13:00 horas. Colexio Miraflores)

O segundo equipo prebenxamín segue a súa evolución e entrando en competición. Desta vez actuarán coma locais no Colexio Miraflores, onde recibirán na matinal do domingo o Calasancio «B» de Monforte.