Previa da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios
Xuvenil24-02 17:30CD Rúa – UD Ourense
Cadete* non hai xornada este fin de semana
Cadete B24-02 12:45Chantada SD – UD Ourense B
Infantil25-02 10:00UD Ourense – CD Velle
Infantil B25-02 11:30UD Ourense B – CF Monforte B
Alevín24-02 17:00UD Ourense – EDC Verín
Alevín B24-02 11:00AD Bosco B – UD Ourense B
Alevín C24-02 10:30Pabellón CF C – UD Ourense C
Benxamín24-02 17:00UD Ourense – EDC Verín
Benxamín B25-02 13:00UD Ourense B – AD Bosco
Prebenxamín24-02 16:00UD Ourense – ED Ourense
Prebenxamín B24-02 16:00UD Ourense B – Ribeiro FC
Xuvenil

CD Rúa – UD Ourense (sábado, 17:30 h. O Aguillón)

Os xuvenís buscan proseguir unha semana máis no alto da clasificación e visitan esta fin de semana terras de Valdeorras, para enfrontarse o Rúa. Os vermellos chegan ca moral recargada tralo triunfo da pasada fin de semana no derbi. O rival suma tan só 3 puntos en 8 encontros desputados do playoff polo título. Oportunidade de ouro para os pupilos de Agustín.

Cadetes

UD Ourense Descansa

SD Chantada – UD Ourense «B» (sábado, 12:45 h. Sangoñedo)

Trala derrota da pasada semá fronte o Maceda na casa, o segundo equipo cadete rende visita o Chantada, rival que suma os mesmos puntos que os vermellos 6. Os de Luis González tratarán de sumar 3 puntos que os acheguen os postos que dan acceso a desputar a seguinte ronda da Copa. A 3 puntos deses postos, atópanse agora mesmo os vermellos, que tratarán de sumar un bo resultado a domicilio.

Infantís

UD Ourense – CD Velle (domingo, 10:00 h. Miraflores)

Tras caer en terras monfortinas, o equipo infantil de Bruno afronta un novo compromiso ligueiro do playoff polo título. Sen case opcións de meterse nos postos que dan acceso o sector galego, os vermellos enfróntanse a un rival da súa liga e que lles saca 4 puntos na táboa. Os nosos tratarán de frear a súa racha de 5 partidos consecutivos perdidos.

UD Ourense «B» – CF Monforte «B» (domingo, 12:00 h. Miraflores)

Tras o remate da competición ligueira, o segundo equipo infantil afronta a Copa, cunha primeira xornada da liguilla que os medirá o Monforte en Miraflores. Os nosos pupilos tratarán de sumar unha primeira vitoria no estreo da competición.

Alevís

UD Ourense – EDC Verín (sábado, 17:00 h. Miraflores)

Partido importantísimo para o primeiro alevín que adestra Álex Castro e no que se enfrontan o segundo clasificado, as Escolas Deportivas de Verín. Os vermellos, a 5 puntos dos postos de acceso o sector galego, buscarán un triunfo que lles de moral para pelexar por acadar eses postos privilexiados. Un dos partidos destacados da xornada.

AD Bosco «B» – UD Ourense «B» (sábado, 11:00 h. Salesianos)

Tras caer a pasada semana no seu compromiso na casa fronte Monforte, o segundo equipo alevín afronta un novo partido, desta vez a domicilio fronte o AD Bosco «B». Os vermellos, que marchan segundos a 3 puntos do líder, tratarán de sobreporse a primeira derrota da competición e sumar un novo triunfo que os mateña na pelexa polo título.

Pabellón «C» – UD Ourense «C» (sábado, 10:30 h. Os Remedios)

O terceiro equipo alevín prosigue facendo unha temporada de récord e quere seguir mantendo a súa condición de equipo que conta todos os seus partidos por gañados. Os pupilos de Ramón Dacosta visitan Os Remedios para enfrontarse o Pabellón «C», que tratará de frear a racha dos nosos pupilos.

Benxamís

UD Ourense – EDC Verín (sábado, 17:00h. Miraflores)

Tras vencer a pasada semá o Santa Teresita a domicilio e achegarse os postos de acceso o sector galego, o benxamín xoga partido na casa fronte o Verín. Os vermellos, a 2 puntos do 4 clasificado, enfróntanse o segundo clasificado, conxunto que suma 37 puntos e un balance de 12 vitorias, 1 empate e 2 derrotas en 15 xornadas. Outro do destacados da xornada e que se xogará simultaneamente co alevín.

UD Ourense «B» – AD Bosco (domingo, 13:00 h. Miraflores)

O segundo equipo benxamín segue competindo e formándose na Liga e esta fin de semana enfróntase o AD Bosco, rival da parte alta da táboa e o que os nosos pequenos tratarán de sorprender e superar nun partido que se xogará na matinal do domingo.

Prebenxamís

UD Ourense – ED Ourense (sábado, 16:00 h. Miraflores)

Os prebenxamís, que a pasada semana deixaron escapar a vitoria fronte o Barbadás, voltan a competición no playoff polo título da categoría. Os ourensás todavía contan con opcións de desputar o sector galego e para elo deben acadar un bo resultado fronte o segundo clasificado, a ED Ourense, que visita Miraflores o sábado.

UD Ourense «B» – Ribeiro FC (sábado, 16:00 h. Miraflores)

O segundo equipo prebenxamín proseguirá a súa formación cun novo encontro copeiro no sistema de liguilla, no que se enfrontará o Ribeiro.