Previa da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Nova xornada para os nosos equipos de base, que buscarán seguir progresando na súa formación. O xuvenil, que loita polo título e ascenso a galega visitará o Calasancio «B». O cadete de galega buscará unha vitoria que os achegue a permanencia, o benxamín e alevín recurtar as diferenzas cos postos de acceso o campionato galego e o alevín «C» seguir contando os seus partidos por vitorias. Son os destacados desta fin de semana.

Xuvenís

Calasancio «B» – UD Ourense (Os Escolapios, domingo 11:30 horas)

Trala vitoria da pasada semana no seu compromiso ligueiro fronte o Rúa, os nosos voltan a Miraflores para desputar un novo encontro e seguir comandando a táboa do playoff polo título, que ademáis daría o ascenso a Liga Galega. Enfronte estará o Calasancio, rival da parte baixa da táboa eque suma 6 puntos de 27 posibles con 2 vitorias e 7 derrotas no seu haber. Os nosos procurarán seguir unha semana máis invictos.

Cadetes

Porriño Industrial – UD Ourense (Lourambal, domingo 12:00 horas)

O cadete de galega regresa a competición e enfróntase esta fin de semana o Porriño Industrial e O Lourambal 2. Os nosos están moi necesitados de puntos para recurtar diferencias cos postos que otorgan a permanencia. O rival non o porá nada fácil, xa que marcha en quinto lugar e está pelexando por meterse entre os 4 millores equipos da categoría.

UD Ourense «B» – SD Arrabaldo «B» (Miraflores, sábado 19:00 horas)

Tras finalizar a primeira fase do sistema de liguilla da Copa, o segundo equipo cadete que adestra Luis González, arrinca a segunda fase da competición, co mesmo formato, no que se enfrontará os conxuntos con peor clasificación da primeira. Os ourensás estréanse na casa diante do Arrabaldo «B», ante o que tratarán se sumar os 3 primeiros puntos da competición.

Infantís

UD Ourense – Pabellón CF «B» (Miraflores, domingo 11:30 horas)

Duelo importante para o equipo alevín, que tras caer a pasada semana ante o Velle, ten a posibilidade de escalar posicións na táboa. Os de Bruno Gómez buscarán 3 puntos diante dun rival que os precede na táboa, cun punto máis que os nosos. Oportunidade tamén para recurtarlle os de arriba.

EDC Barbadás «B» – UD Ourense «B» (Os Carrís, sábado 11:00 horas)

Tralo empate da pasada fin de semana no inicio da Copa para o infantil «B», chega unha nova opción de resarcirse e sumar os 3 primeiros puntos en competición. Os ourensás visitan Os Carrís para enfrontarse a un Barbadás «B», que comezou a súa andadura cunha goleada por 0-5, o que lles permitiu situarse coma líderes.

Alevís

Ribeiro FC – UD Ourense (Sumi Cortés, domingo 11:30 horas)

A UD Ourense alevín veu truncada a súa remontada de posicións cunha derrota a pasada semana fronte o Verín. Os nosos tratarán de voltar a sumar 3 puntos e recurtar os 6 que os afastan das prazas de acceso o campionato galego. Para acadar este obxetivo, deben vencer esta fin de semana o Ribeiro, equipo que suma 19 puntos. Con 8 xornadas en xogo todavía non está todo dito.

UD Ourense «B» – EDC Barbadás «C» (Miraflores, sábado 18:00 horas)

O segundo equipo alevín ten un encontro importante para seguir a estela do líder, o Monforte. Os vermellos reciben en Miraflores o terceiro equipo do Barbadás, o que buscarán superar para seguir facéndose fortes na segunda praza da táboa. Os azulón non sumaron ningún punto no que vai de campionato.

UD Ourense «C» – EDC Celanova «B» (Miraflores, sábado 18:00 horas)

O alevín «C» ten un partido importante nas súas aspiracións a gañar todos os partidos da competición. O rival deste sábado será o filial alevín das Escolas Deportivas de Celanova, que marcha terceiro na táboa e que porá as cousas difíciles os de Ramón Dacosta. Os nosos queren seguir maravillando en xogo e respeto os contrarios.

Benxamís

CD Allariz – UD Ourense (O Seixo, sábado 17:00 horas)

Os benxamís queren seguir presentando a súa candidatura a poder meterse nos postos que levan o campionato galego da categoría. Os vermellos están arestora a 4 puntos do terceiro e buscan seguir sumando para poder recurtar e superar rivais. Un deles é o Allariz, que nos recibe en O Seixo o sábado e que marcha na parte baixa da táboa con so 4 puntos no seu poder.

Pabellón «B» – UD Ourense «B» (Os Remedios, sábado 19:40 horas)

O segundo equipo benxamín quere seguir crecendo nos valores do ourensanismo e busca sumar puntos para refrendar o seu traballo. Esta fin de semana toca visitar o Pabellón «B», un dos clubes punteiros da categoría.

Prebenxamís

A Peroxa CF – UD Ourense (O Marco, domingo 10:30 horas)

Os prebenxcamíns teñen difícil meterse no sector galego, pero tratarán de seguir sumando puntos na súa visita o A Peroxa. O rival é colista na táboa e non sabe o que é sumar no que vai de tempada.

CF Monforte – UD Ourense «B» (Luis Bodegas, sábado 17:00 horas)

Novo partido formativo para os nosos cativos, que visitan terras de Lemos para seguir formándose no mundo do fútbol.