Nova xornada para o noso fútbol base, o motor do clube, o futuro do primeiro equipo.
Xuvenís
UD Ourense – CD Velle (sábado, 17:00 horas. Colexio Miraflores)
Novo encontro para os xuvenís no seu obxetivo por alzarse co título de Liga e ascender á Liga Galega. Os pupilos de Agustín reciben en Miraflores a visita dun Velle en horas baixas e que tan só sumou unha vitoria nos seus últimos 5 encontros. Os nosos non queren pasar os apuros da pasada semana fronte ao Calasancio e tratarán de encarrilar o encontro dende o comezo.
Cadetes
UD Ourense – Marcón Atlético (domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)
Partido importante para o único equipo que milita en categoría autonómica esta tempada. Tras vencer a pasada semana a domicilio ao Porriño, os nosos afrontan un choque na casa no que so vale gañar ante un rival ao que poden implicar na loita pola permanencia. Os pontevedreses suman 3 derrotas consecutivas.
EDC Verín «B» – UD Ourense «B» (sábado, 16:00 horas. A Granxa)
Tras arrincar a segunda fase do campionato copeiro no seu sistema de liguilla cunha contundente vitoria diante do Arrabaldo, os nosos visitan Verín para enfrontarse o segundo equipo cadete das Escolas Deportivas da capital da comarca de Monterrei. Os nosos buscarán 3 novos puntos diante dun rival que empatou no seu primeiro compromiso desta fase.
Infantís
EDC Barbadás – UD Ourense (sábado. 11:45 horas. Os Carrís)
Trala vitoria da pasada semana fronte ao Pabellón «B», os infantís disputan unha nova xornada do playoff polo título. Afastados dos postos que dan acceso ao playoff de ascenso á liga galega, os rapaces dirixidos por Bruno tratarán de sumar un resultado positivo ante un dos equipos da parte alta e que ocupa postos de playoff.
UD Ourense «B» – SD Valenzá (sábado, 18:50 horas. Colexio Miraflores)
Terceira xornada da Copa no seu sistema de liguilla para o noso segundo equipo infantil. Os vermellos buscan a primeira vitoria nesta serie, logo de caer derrotados a pasada semana fronte ao Barbadás «B». Desta vez, chega a Miraflores o Valenzá, que marcha na táboa con 3 puntos. Os nosos queren estrear o apartado de triunfos e loitar por acceder á seguinte rolda entre os mellores.
Alevíns
UD Ourense – SDC Arrabaldo (sábado, 16:00 horas. Colexio Miraflores)
O alevín de Álex Castro disputa competición ligueira fronte ao Arrabaldo. Os nosos están a 6 puntos do campionato galego e tratarán de sumar na casa ante un rival da parte baixa. Os nosos deben sumar de 3 en 3 e esperar algún tropezo dos antecesores na táboa para recurtar diferenzas e loitar por estar entre os mellores equipos de Galicia.
CD Maceda – UD Ourense «B» (domingo, 10:45 horas. Cardenal Quiroga)
O segundo equipo alevín quere seguir amosando o seu poderío e sumar un novo triunfo nunha competición casi inmaculada, na que sumaron 10 vitorias, 2 empates e 1 derrota. A 3 puntos do líder, o Monforte, os nosos pequenos buscan un triunfo que os manteña á estela ou lles permita recurtar distancias en caso de tropezo dos monfortinos.
UD Ourense «C»
O alevín «C» descansa esta semana tras proclamarse campión de Liga a pasada.
Benxamíns
UD Ourense – SDC Arrabaldo (sábado, 10:40 horas. Colexio Miraflores)
O benxamín prosigue a 4 puntos dos postos de acceso ao sector galego e buscará seguir escalando posicións nun encontro no que reciben ao Arrabaldo, rival da parte baixa da táboa. Trala vitoria da pasada semana fronte ao Allariz, sumar 3 novos puntos meteríaos de cheo na pelexa polo sector galego.
UD Ourense «B» – SD Nogueira (sábado, 16:00 horas. Colexio Miraflores)
Partido importante para o noso segundo equipo benxamín, que recibe en Miraflores ao Nogueira. Os nosos enfróntanse a un rival directo por eludir a última posición da táboa. Partido para coller confianza e seguir crecendo.
Prebenxamíns
CDC Santa Teresita – UD Ourense (sábado, 13:00 horas. Eiroás)
O prebenxamín disputa unha nova xornada do playoff polo título da categoría e visita Eiroás para enfrontarse ao Santa Teresita. Os nosos pequenos tratarán se sumar o seu segundo triunfo consecutivo tras imporse a pasada semana ao Peroxa.
UD Ourense «B» – CD Arenteiro (sábado, 10:40 horas. Colexio Miraflores)
Nova xornada da Copa na que o segundo equipo prebenxamín busca seguir formándose e acadar un resultado postivo no seu partido fronte o Arenteiro.
Juvenil | 10-03 17:00 | UD Ourense – CD Velle |
Cadete | 11-03 12:00 | UD Ourense – Marcón Atl |
Cadete B | 10-03 16:00 | EDC Verín B – UD Ourense B |
Infantil | 10-03 11:45 | EDC Barbadás – UD Ourense |
Infantil B | 10-03 18:50 | UD Ourense B – Valenzá SD |
Alevín | 10-03 16:00 | UD Ourense – SDC Arrabaldo |
Alevín B | 11-03 10:45 | CD Maceda – UD Ourense B |
Alevín C | Sin hora | *Descansa |
Benjamín | 10-03 10:40 | UD Ourense – SDC Arrabaldo |
Benjamín B | 10-03 16:00 | UD Ourense B – N Ramuín |
Prebenjamín | 10-03 13:00 | Sta Teresita – UD Ourense |
Prebenjamín B | 10-03 10:40 | UD Ourense B – CD Arenteiro |