Gran amigable o desputado na vila de Celanova, polas festas do San Roque, contra o Pontevedra CF , que se saldou coa primeira derrota do equipo nesta pretempada. UD Ourense 0-3 Pontevedra CF.
Duro pero bonito amigable o xogado esta fin de semana no campo de San Rosendo de Celanova. Enfrontámonos por segunda ocasión a todo un Segunda B como o Pontevedra. O preparatorio deixou un dominio claro do equipo Pontevedrés, que ten como obxetivo unha tempada mais, procurar o ascendo a 2ª división.
O conxunto de Luisito tivo o control do bolón en boa parte do encontro. Un erro defensivo ocasionou o primeiro tanto para os visitantes. O noso equipo xenerou as súas ocasións a balón parado e tivo que poñerse o mono de traballo para evitar as envestidas do equipo rival.
A pesares da superioridade rival, como é de agardar dun equipo da zona alta de 2ªB, poidemos constatar que temos bos mimbres no equipo para facer unha gran tempada, e amosouse que na portería temos un seguro de vida co noso porteiro Pato Guillén.
A dura proba que tivemos neste partido serviunos para mellorar o traballo que se está a realizar na preparación do equipo de cara a ter un bo comezo de tempada.

Destacar a espectacular entrada para este amigable e o gran ambiente no Campo de San Rosendo en pleno agosto.
Agradecemos novamente ao Pontevedra CF a súa presenza en terras Ourensáns para poder desfrutar dun novo partido entre equipos amigos. Desexamoslle o seu ansiado ascenso e o poidamos celebrar con eles. #Hai que roelo.
Finalizamos con especiais verbas para os nosos amigos do Sporting de Celanova e á sua vila polo impresionante trato que nos deron e por facer posible a desputa deste encontro, nun día tan especial como as festas patronais do San Roque. Unha colaboración das que fan unidade e das que nos gusta valorar. As millores das sortes para o Celanova que de seguro voltará a ser un referente na Provincia.