Quinta vitoria consecutiva do equipo feminino, 2-1 ao Deportivo B

con No hay comentarios

As nosas rapazas enlazan o quinto triunfo de forma consecutiva tras superar ao filial do Deportivo B en Velle por 2-1. Nun partido que comezou de forma trepidante cos tres goles nos primeiros quince minutos.

Cris adiantou ás ourensanistas aos cinco minutos. Superou á porteira visitante tras un gran pase de Aida. Cinco minutos despois as herculinas devolveron as táboas ao marcador. Noe rematou a gol un saque dende o curruncho. Non había pausa e Laura volveu a adiantar a U.D.Ourense ao cuarto de hora. Bonita xogada das ourensanistas e Laura culmina cun disparo dende o borde da área tras pase de Moni.

Co partido controlado polas ourensanistas chegou unha desafortunada xogada que rematou cun penalti a favor das visitantes no minuto 37. O lanzamento foise fóra e así se chegou ao remate da primeira metade.

Na segunda parte faltou facer o terceiro gol que sentenzara o partido. A mínima vantaxe non permitiu vivir o partido con total tranquilidade aínda que o Deportivo B non creou grandes ocasións de gol. A máis clara no minuto 71 que foi atallada por Noe nunha gran parada. Con dominio visitante chegouse ao final dun partido que significou un novo triunfo das nosas rapazas.

Alineación: Noe; Andrea (Ches, 59´), Pacy, Lo (Feijoo, 88´), María; Dana, Moni; Aida (Palo, 49¨), Hele, Laura (Zaira, 72´) e Cris (Cae, 86´).

Foto: Yedra Seara