Raúl Melo (Suiza, 2000) ficha pola UD Ourense procedente do Velle. O dianteiro Ourensano, que pasou pola canteira do Pabellón CF do RC Deportivo da Coruña, chega para ocupar unha praza de sub-23.
- Que esperas da tempada?
Da tempada que ven espero que mínimo sexa igual de competitiva que a anterior e que poida desfrutar ao máximo dela axudando en todo o posible ao equipo.
- Por qué decidiches fichar pola UD Ourense?
Decidín fichar pola UD Ourense porque me parece un equipo moi interesante e, a día de hoxe, un dos máis importantes da provincia.
- Que lle dirías á afección?
Que sigan animando como o fixeron o ano pasado e que este ano vou a dar todo o que teño para que que esté o máis contenta posible conmigo e co equipo