RC Deportivo “B” – UD Ourense: O feminino despide a Liga en casa das subcampioas

con No hay comentarios

A UD Ourense desputa o seu último encontro na loita pola sétima praza. As vermellas visitan Arteixo para medirse a un RC Deportivo “B” (domingo, 16:00 horas) que rematará a competición en segunda posición. As de Rubén García viaxan 14 xogadoras debido as baixas por lesión.

O Ourense feminino pon punto e final a unha nova tempada ligueira. Tempada marcada polas lesións, que impediron que o equipo estivese nos postos de cabeza pelexando polo ascenso, pero unha oportunidade ouro para que as máis xovenciñas dispuxeran de oportunidades, algo que non lles faltou e que aproveitaron con creces. As vermellas loitan agora por acabar na sétima praza, en poder do Victoria CF “B”, co que as vermellas empatan a puntos, pero perden o average particular.

As nosas buscarán rascar algo positivo ante un equipo que se caracteriza por concerder moi pouco coma locais. As coruñesas venceron 12 encontros coma locais, cedendo tan só 2 empates. Con 102 goles a favor e 27 en contra, son o segundo equipo que máis anota da categoría e o segundo que menos encaixa. Ademáis, as branquiazuis fixeron unha segunda volta case impoluta con 13 vitorias e 1 empate e buscan acabar a Liga cun novo triunfo.

Non será tarefa fácil para as nosas, que se enfrontan a un rival temido e que conta con xogadoras de gran calidade e con moito futuro por diante. Son varias as futbolistas que poderían dar o salto o primeiro equipo a próxima tempada. No apartado goleador destacan Vero con 21 tantos e Alba con 15, ademáis de contar nas súas filas con varias xogadoras de moito nivel.

As vermellas chegan a cita cas baixas xa confirmadas de Sofía e Jani, lesionadas de larga duración. Moni non viaxa por traballo e tampouco o farán Aldara e Pacy, por motivos estudiantis. Rubén García recupera a Dana, que xa ten a alta médica e viaxa con 14 convocadas, que son as seguintes: Noe, Andrea, Celia, Lo, María, Feijoó, Dana, Cris, Nerea, Laura Lorenzo, Silvia, Noa, Emma y Zaira.

Última baza ligueira antes de comezar unha copa que ilusiona moito na cidade de As Burgas.