Recibimos ao Monterrei cheos de baixas

con 1 comentario

Non estamos tendo sorte esta tempada coas lesións. Novamente acumulamos ata seis baixas para recibir ao Monterrei, o que nos obriga a completar a convocatoria con dous xogadores xuvenís, Diego Pousa e Benji.

Neste partido non podemos contar con Marcos Sotelo e Fran Martínez por sanción; Aitor por enfermidade e Toni, Diego Soto e Hugo por lesión. Debido a estas ausencias Omar e Adrián adiantaron a súa volta, mentras que Xurxo entra nunha convocatoria despois de tres meses e medio de baixa.

O once inicial máis probable que salte ao terreo de xogo será o composto por Lucas Sierra na porta; Otero, Tito Currás, Sergio e Senén en defensa; Julio Martínez e Omar na media; Xaco e Cristian nas bandas; Rubén Durán na media punta e Unai como home máis adiantado. No banco estarán Samuel, Diego Pousa, Benji, Xurxo e Adrián.

O Monterrei, recén descendido de Preferente, comezou moi mal a tempada, pero pouco a pouco foron mellorando e agora marchan na onceava posición lonxe dos postos de descenso directo, pero aínda con risco de caer aos postos de arrastres, agora mesmo dous. Marcan moi poucos goles (26 en 25 partidos), só marca menos goles que eles o colista Xunqueira. Pola contra son o quinto que menos recibe con 37.

Xa que logo prevese un partido pechado e complicado no que haberá que ter paciencia para romper a súa defensa.

Fóra da casa gañaron tres partidos (A Peroxa, Manchica e Cortegada) precisamente os tres últimos que disputaron a domicilio; empataron tres (Taboadela, Allariz e Xunqueira) e perderon seis (Velle, Bande, Ribeiro, Viana, At.Arnoia e Antela).

No partido da primeira volta vitoria ourensanista por 1-2. Cristian adiantara aos ourensanistas aos 37 minutos, Eloy empatara aos 59 cun golazo e Rubén Durán fixera o gol da vitoria dous minutos despois.

Foto: Yedra Seara

One Response

  1. […] entrada Recibimos ao Monterrei cheos de baixas aparece primero en Unión Deportiva […]