A rematar a faena en Portonovo

con No hay comentarios

O equipo feminino da Unión Deportiva Ourense viaxa ata Portonovo (domingo 19,00 h.) na volta dos cuartos de final da Copa. Tratarán de facer valer a renta de tres goles (4-1) obtida no partido de ida en Velle.

Nese partido as ourensanistas foran moi superiores as pontevedresas, pero o gol do Portonovo nos intres finais do partido danlle algunhas opcións que con 4-0 eran prácticamente nulas.

As ourensanistas están a tope de moral e coa máxima ilusión de conseguir o pase as semifinais da competición.

Viaxan ata Portonovo Noe, María, Andrea, Pacy, Lo, Moni, Dana, Aida, Feijoo, Palo, Hele, Laura, Cris e Zaira.

Foto: Yedra Seara