Esta fin de semana a maioría dos equipos das categorías de fútbol once xogarán como locais.
Nas categorías de futbol oito só o Alevín C e e o Benxamín C xogarán como locais. Aos máis cativos tócalles descansar, pois a Copa Prebenxamín comezará a próxima semana.
En fútbol once destacar o partido entre o Infantil A e o Maceda, un partido que se repite de novo nesta competición da Copa Base e onde deixamos bastante bo recordo en partidos anteriores aínda que sen chegar a puntuar. Tamén importante o enfrontamento entre Calasancio e o Benxamín A, xa sen opcións de entrar no Galego pero con boas sensacións despois do partidazo ante as Promesas.
O Primeiro equipo xogará este domingo no Couto ante o Velle, que ocupa o terceiro posto da clasificación a 17 puntos de distancia. Así pois, no caso de gañar conseguiriamos o ansiado ascenso á Preferente Sur.
O Feminino recibirá ao Umia no Monte dá Aira no seu horario habitual en busca de aumentar ata sete a súa racha de victorias consecutivas.
One Response
U.D. Ourense ante la primera oportunidad de cerrar su ascenso a Preferente - Ourense Deportivo
[…] entrada Repartidos los partidos entre casa y fuera aparece primero en Unión Deportiva […]