Xornada de fin de semana para a base da UD Ourense que nos deixou as vitorias do xuvenil, infantil «A», infantil «B», alevín «A», alevín «B» e benxamín «A». Empate do cadete «B» e derrotas do cadete «A», benxamín «B», prebenxamñin «A» e prebenxamín «B».
Xuvenil
UD Ourense 4-0 SDC Arrabaldo
Vitoria moi traballada do xuvenil, na que a pesar do resultado, tocoulle sufrir para acadar a vitoria diante do Arrabaldo. Os tantos non chegaron ata a segunda metade. Xoel abriu o marcador no 61 e ata o 83 non chegaría o tanto da tranquilidade, obra de Pousa. Co Arrabaldo volcado en ataque, chegarían dous novos tantos vermellos por mediación de Enrique e Carlos. 3 puntos máis para seguir unha semana máis comandando a táboa con 3 puntos de vantaxe sobre o Chantada.
Cadetes
Ourense CF 4-0 UD Ourense
Dura derrota do cadete que adestra Vilachá e que caeu no derbi fronte o segundo clasificado do grupo sur da liga galega, o Ourense CF. Os locales foron moi superiores na primeira metade e adiantátonse os 4 minutos no marcador. Antes do descanso, os locais acadarían dous tantos máis para marchar cunha vantaxe case insalvable. Con este resultado, a permanencia dos vermellos queda a 5 puntos con 9 xornadas aínda por desputarse.
UD Ourense «B» 1-1 CF Monforte
Terceira xornada da fase copeira no seus sistema de liguilla para un cadete «B» que sumou un punto en Miraflores diante do Monforte. David adiantou os nosos os 2 minutos de xogo, pero os monfortinos conseguiron igualar a contenda na metade do primeiro acto. Tralo descanso, oportunidades para ambos conxuntos, pero o marcador xa non se movería. Con este resultado, os nosos quedan terceiros a 3 puntos do líder, o Peroxa.
Infantís
Ourense CF «B» 2-3 UD Ourense
Vitoria do infantil no derbi fronte o Ourense CF. Os nosos, que xa non teñen opcións de pelexar polo ascenso a galega, superaron a un rival directo na táboa, o que tamén adiantan na clasificación. Partido moi desputado e no que nos nosos tiveron que adiantarse por tres veces no marcador para acabar por levarse o triunfo.
CD Velle «B» 1-3 UD Ourense «B»
Segunda vitoria consecutiva do infantil «B», que marcha nos postos de cabeza e que desta vez superou a un rival directo na loita por meterse na seguinte ronda da Copa. Os vermellos levaron o peso do partido e adiantáronse no marcador na primeira metade, grazas a un tanto de Santi. Dous tantos de Pablo no segundo tempo, deixaron o partido visto para sentencia. No tramo final, o Velle maquillou o resultado cun tanto de Noel.
Alevís
CD Purísima 1-2 UD Ourense
Vitoria do alevín de Álex Castro na súa visita a La Purísima. Os nosos seguen a estela dos postos de acceso ao sector galego, aínda que as diferenzas siguen sendo de 6 puntos con respecto a esas prazas. Os vermellos superaron a un combativo rival. Adiantáronse na primeira metade e fixeron o segundo tanto no 43. 5 mninutos despois, La Purísima meteuse de cheo no encontro cun tanto e de ahí o final, moita desputa por lograr a vitoria, que o final caeu do noso lado.
UD Ourense «B» 2-1 SDC Arrabaldo «B»
Regresou o alevín «B» a senda do triunfo, tras superar o Arrabaldo «B» nun partido moi desputado e no que os visitantes se adianteron no primeiro tempo aproveitando un tanto en propia porta dos nosos. Na segunda metade, o segundo equipo alevín daríalle a volta o partido e acabaría por levar 3 puntos que confirman a segunda praza con 3 xornadas por desputarse, quedando a 6 do líder, o Monforte, que pode canta o alirón a próxima sema.
Benxamís
CD Purísima 1-4 UD Ourense
Vitoria valiosísima do benxamín, que unido o tropezo da EDC Xinzo, fai que os nosos se sitúen a 1 puntos dos limiáns, que ocupan postos de acceso o sector galego e contan cun partido máis no seu haber. Con 6 xornadas por desputar, os nosos dependen de sí mismos para acadar un feito histórico. Dest vez, os nosos superaron a La Purísima nun encontro totalmente controlado. O resultado o descanso era de 0-3 e aumentaría nun tanto co comezo do segundo tempo. O final 1-4 e 3 puntos para seguir loitando.
EDC Celanova 4-1 UD Ourense «B
Derrota do segundo equipo benxamín na súa visita a Celanova. Os nosos fixeron unha gran primeira metade, chegando o descanso con empate 1-1 no marcador. Os locais serían superiores na segunda parte e acadarían o triunfo final.
Prebenxamís
UD Ourense 1-4 Ourense CF
Derrota do prebenxamín no derbi, os nosos pequenos caeron diante do Ourense CF, da parte alta da táboa. Primeira metade de dominio vermello, o que nos permitiu marchar o descanso con vantaxe de 0-1. Trala reanudación, os visitantes empatarían e acabarían levando o triunfo.
Ribadavia Atlético 17-0 UD Ourense «B»
Derrota do segundo equipo benxamín en Ribadavia e nova oportunidade para seguir crecendo despois de que a semana pasada se suspendera o partido que xogaban.
[Descansa] – UD Ourense C | |||