Boa xornada para a Nosa Base, na que o conxunto xuvenil acadou o campionato e o ascenso a Liga Galega a falta de dúas xornadas, tras vencer o Santa Teresita. Vitoria tamén do alevín «A», que pelexará ata o final por xogar o sector galego. Tropezo do benxamín, que abandona os postos do sector, pero quedan a 1 punto. Vitorias tamén de infantil «B», alevín «B» e alevín «C». Caeron o cadete «B», o infantil «A», o benxamín «B» e os 2 prebenxamís. Descanso para o cadete de galega, en loita pola permanencia.
Xuvenil
UD Ourense 3-1 CDC Santa Teresita
Vitoria do cadro xuvenil adestrado por Agustín, que ademáis lles serviu para proclamarse campións de Liga e acadar o ascenso a Liga Galega. Os nosos, con 2 xornadas ligueiras todavía por desputar e inmersos nas semifinais da Copa Deputación, acadaron o seu primeiro obxetivo. Nun encontro moi desputado lograron superar a un combativo Santa Teresita, que se adiantou no marcador o pouco do descanso e que trala reanudación vería coma os vermellos igualaban a contenda por mediación de Carlos. Xoel no 63 e Enrique no 81 culminaron a remontada e a festa foi total nun estadio, o dos Remedios, ateigado de afeccionados ourensáns.
Cadetes
Xornada de descanso para o cadete de Liga Galega.
CD La Purísima 3-2 UD Ourense «B»
Derrota do segundo equipo cadete, que os afasta dos postos de cabeza da fase de liguilla da Copa. Os pupilos de Luis González adiantáronse no marcador os 12 minutos, grazas a un tanto de Enrique. Os locais daríanlle a volta a contenda para marchar o descanso con vitoria de 2-1. David facía o terceiro para La Purísima e os nosos respostaban de forma inmediata cun tanto de Antón, que deixaba o encontro moi aberto ata o final. O luminoso xa non se movería e a vitoria quedaría en mans dos da casa.
Infantís
ED Ourense 5-0 UD Ourense
Derrota da UD Ourense no derbi provincial coas Escolas Deportivas de Ourense. Os nosos visitaban a un líder lanzado cara o ascenso a Liga Galega e non puideron facer a un dos millores equipos da provincia. Os locais adiantáronse os 3 minutos e sumaba o segundo no 15. Na segunda metade chegarían 3 novos tantos locais que remataban por sentenciar o encontro. Os de Bruno réstanlles 2 partidos para o remate do playoff polo título de Liga.
UD Ourense «B» 3-1 A Peroxa CF
Tres importantes puntos conseguidos polo noso segundo equipo infantil, na súa loita para tentar entrar nas semifinais da Copa a través do sistema de liguilla. Partido de pouca intensidade, na que sólo se conseguiu a tranquilidade nos derradeiros minutos ó marcar o terceiro gol. Ata ese momento, A Peroxa apretou para lograr o empate. A primeira metade rematou igualada. Serrano adiantou os nosos e A Peroxa epmatou cun tanto concedido tras bater o balón no longueiro e botar fóra da liña. Os goles da segunda metade foron anotados por Martín e Saúl e os 3 puntos quedaron en Ourense.
Alevís
UD Ourense 5-1 CP Calasancio
Vitoria trascendental do alevín de Álex Castro, que a 3 xornadas para o remate da Liga, segue na pelexa por meterse nos postos que dan acceso o sector galego. Desta vez superaron o Calasancio, rival directo e que marcha terceiro e co que recurtan as súas deferenzas a 4 puntos, mantendo tamén a 2 o Ourense CF. O partido estivo dominado polos nosos, que marcharon o descanso vencendo por 2-1. Tralo paso por vestiarios, os nosos impuxeron o seu ritmo e remataron por sentenciar o choque.
UD Ourense «B» 3-1 CD Allariz
Vitoria do segundo equipo alevín da UD Ourense no seu último partido ligueiro. Os nosos rematan o campionato nunha gran segunda posición, froito do gran traballo feito o longo da tempada regular. Nesta ocasión superaron o Allariz nun encontro moi completo e no que os nosos arrincaron moi ben, marchando o descanso cunha vantaxe de 3-1. A segunda metade baixou a intensidade e a pesar das ocasións de ambos conxuntos, o marcador xa non se movería.
UD Ourense «C» 5-0 Ribeiro FC «B»
Tras rematar o campionato ligueiro con campionato, o terceiro equipo alevín, adestrado por Ramón Dacosta, iniciaba o seu periplo na Copa ca desputa da liguilla. Os nosos non puideron comezar de mellor maneira o campionato e situáronse líderes superando con contundencia o Ribeiro. Os nosos farían os dous primeiros tantos no segundo acto, deixando a sentencia para o segundo, con 3 novos goles que completaron o resultado.
Benxamís
UD Ourense 1-3 CP Calasancio
Derrota do equipo benxamín de Quintas, nun partido ante un rival directo polo sector galego e que amosouse superior os nosos nas fases determinantes do choque. Os visitantes adiantáronse no marcador no minuto 1 e aguantaron a súa vantaxe durante os 24 minutos restantes da primeira metade. Na segunda, anotarían o 0-2 os 2 minutos da reanudación e firmaban o terceiro dous minutos despois. Os ourensás fixeron o tanto da honra no 39. Con esta derrota, os nosos abandonan os postos de acceso o sector galego, pero quedan a 1 punto da cuarta praza.
ED Ourense «B» 5-0 UD Ourense «B»
Derrota da UD Ourense «B» no seu último encontro ligueiro dianta a ED Ourense «B». Os vermellos non puideron cun rival mui duro e que impuxo a súa lei dende o comezo, acabando por levarse a vitoria. Agora comezarán a competición no sistema copeiro.
Prebenxamís
AD Bosco 6-2 UD Ourense
Derrota do benxamín no seu encontro ligueiro do playoff polo título, no que xa non contan con opcións de pelexar polos postos de cabeza da táboa. Os nosos, que marchan sextos, caeron diante dos segundos clasificados o Bosco. Os nosos marcharon o descanso caendo por 3-1 e recibiron 2 novos tantos o inicio da segunda, antes de facer o seu segundo gol e recibir o sexto e último.
ED Ourense «B» 13-2 UD Ourense «B»
Derrota do segundo equipo prebenxamín no último encontro do sistema de liguilla da Copa. Os nosos competiron moi ben e fixeron un gran papel ante un dos pesos fortes da categoría.