Resumen da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Vitorias do xuvenil, que se achega o ascenso, do cadete «B», que acaricia a permanencia e do cadete «B», infantil, alevín «A», alevín «B» e prebenxamín «A», empataron os benxamís.

Xuvenís

Pabellón CF “C” 0 – 5 UD Ourense

Contundente vitoria do conxunto que adestra Agustín e que se sitúa a tan só 3 puntos do ascenso a liga galega e o título da categoría a falta de 3 xornadas para o final. Os nosos foron moi superiores a un Pabellón «C» que marchaba terceiro e o que superaron gracias a un gran encontro de xogadores coma Xoel, autor de 3 dos 5 tantos dos vermellos. Aldán abriu o marcador cun tanto en propia porta, logo verían os 3 tantos de Xoel e un de Enrique. 3 puntos máis cerca do soño.

Cadetes

CCAR Valladares 1 – 2 UD Ourense 

O conxunto cadete adestrado por Vilachá sumou unha valiosísima vitoria na cancha dun rival directo pola permanencia, o que lles permite os vermellos achegarse a tan só 2 puntos de manter a categoría. Os cadetes comezaron vencendo gracias a un tanto de Xacobo no minuto 34. Empatarían os locais no 55, pero un tanto de Álex no 70 deulle o triunfo e 3 valiosos puntos os vermellos, que a falta de 6 xornadas manteñen vivo o soño da salvación.

UD Ourense “B” 3 – 1 CD Velle “B”

O cadete «B» que adestra Luis García achégase os postos de cabeza da Copa no seu sistema de liguilla tras un incontestable triunfo ante un Velle «B» que prantou cara e que se adiantou no marcador por mediación de Javier. David Valverde igualaba a contenda 4 minutos despois e con táboas chegábase o descanso. O partido tardou en romperse, pero os vermellos conseguiron asegurarse o triunfo nos últimos 10 minutos con 2 tantos, obra de Antón e Donovan.

Infantís

UD Ourense 1 – 0 Pabellón Promesas

Vitoria moral do conxunto que adestra Bruno Gómez, que se impuxo a un Pabellón Promesas que marchaba líder e lanzado cara a liga galega e que caeu na súa visita o feudo dos vermellos. O tanto chegou no minuto 40, xusto antes do descanso e foi obra de Hugo. De ahí o final, os nosos aguantaron os envites visitantes para levarse unha vitoria que lle permite os ourensáns escalar dúas posicións na táboa.

AD Bosco “B” 2 – 3 UD Ourense “B”

Vitoria moi traballada do noso segundo equipo infantil, que superou pola mínima o AD Bosco «B», rival directo na loita por meterse na seguinte ronda da Copa, no seu sistema de liguilla, neste torneo provincial. Os vermellos adiantáronse por mediación de Santi, pero Jacobo igualaba 2 minutos despois. No 29 chegaría o segundo dos locais, que tería resposta ourensá a 4 do descanso, cando Pablo igualaba. Na segunda metade, un novo tanto de Santi dáballe o triunfo os vermellos.

Alevís

Ourense CF 2 – 4 UD Ourense 

Triunfo dos de Álex Castro no derbi, o que permite os vermellos situarse a tan só 2 puntos do seu rival de esta xornada, que pecha os postos de acceso o sector galego. Os nosos apoiaronse na gran actuación de Mesfin, autor dos 4 tantos dos ourensás. Comezaron perdendo os nosos, que os 4 minutos recibían un tanto encontro. Mesfin empataba no 16, pero un minuto despois, Adrián voltaba a adiantar os locais. Mesfin antes do descanso e por partida dobre na segunda metade, sentenciaba o encontro. a 4 xornadas do final estar entre os millores equipos de Galicia xa non é unha utopía.

CP Calasancio “C” 1 – 3 UD Ourense “B”

Vitoria do segundo equipo alevín na súa visita Os Escolapios, na que se impuxeron o Calasancio «C» por 1-3, na penúltima xornada do campionato ligueiro. Diego adiantou os locais, pero Nico igualaba antes do descanso. Na segunda metade, Juan Lamas convertiuse no protagonista dos ourensás con 2 tantos que lle deron o triunfo o seu equipo. Gran tempada a do noso segundo equipo alevín que finalizará segundo.

CP Calasancio “B” 1 – 0 UD Ourense “C”

Derrota dun Ourense xa campión de liga e que notou as baixas en terras monfortinas, o que o lastrou para sumar un novo triunfo. Os nosos encaixaron un tanto no minuto 41 que a postre sería decisivo, nun partido marcado pola igualdade e pola loita continua por dominar o xogo e chegar a meta rival.

Benxamís

Ourense CF 0 – 0 UD Ourense

Empate sen goles do noso benxamín en Oira ante o Ourense CF. Un punto que lle serve os vermellos para manter a súa posición na táboa. Actualmente son cuartos, o que permitiría os nosos pequenos disputar o sector galego cas mellores canteiras da tempada en Galicia. O encontro estivo moi igualado, pero ninguén foi capaz de romper o resultado inicial. A 4 xornadas para o final, as opcións dos nosos proseguen intactas.

UD Ourense “B” 1 – 2 CD Rúa

Derrota do segundo equipo benxamín na casa fronte o CD Rúa. Os nosos prantaron cara a un duro rival, pero remataron sucumbindo na segunda metade, tras terse adiantado no luminoso na primeira e vendo como o rival empataba antes do descanso, para darlle a volta definitiva tralo paso por vestiarios. Novo encontro de aprendizaxe para os nosos.

Prebenxamís

UD Ourense 4 – 3 Pabellón CF 

Vitoria moi traballada do prebenxamín, que fixo un dos mellores encontros da tempada para superar a un Pabellón que aspira a xogar o sector galego. Adrián e Hugo abrían a lata para os nosos nos minutos 5 e 8. Os visitantes daríanlle a volta o marcador en tan só 9 minutos, con 3 tantos que lles permitiron marchar o descanso vencendo 2-3. Na segunda metade, Hugo Barge igualaría a contenda e Adrián Lloves daríalle o triunfo os nosos.

UD Ourense “B” 1 – 7 EDC Barbadás “B”

Derrota do segundo equipo prebenxamín diante do Barbadás «B» por 1-7. Gran imaxe dos noso, que siguen progresando e formándose co paso das xornadas.